Información sobre o rival e a venda de entradas

14 de Maio de 2018

Santiago de Compostela, a 14 de Maio de 2018.

A SD Compostela xa coñece ao seu rival para o playoff de campións, será o RCD Espanyol B, campión do Grupo do 5 da Terceira División, grupo da Comunidade Autónoma de Catalunya.

O filial perico conquistou a súa liga cun total de 90 puntos, con 27 partidos gañados e 9 empatados, 74 goles a favor e 25 en contra.

O partido de ida xogarase en Estadio Municipal de San Lázaro, o vindeiro domingo ás 17.30 horas e a volta na Cidade Deportiva Dani Jarque a seguinte fin de semana.

Para o encontro, o prezo das entradas será o seguinte:

ABONADOS:

  • Maiores de 18 anos: 10 €
  • Menores de 18 anos: GRATIS

NON ABONADOS:

  • Xeral: 15 €
  • Menores de 13 a 17 anos: 5 €
  • Menores de 12: GRATIS

A venda de entradas estará dispoñible ata o próximo sábado. Non abriremos o xoves, festivo, e no caso do sábado so se abrirá de 11.00 a 13.00 horas. Ademais tamén se poderán recoller na taquilla o día de partido, dende unha hora antes.

A venda de entradas para non abonados tamén está dispoñible dende esta tarde nas cafeterías: Abrente, Rosaleda, Vista Alegre, A Nave de Vidán, Ventosela e Bodeguillas de San Lázaro, San Roque e Santa Marta.

Os abonados so poden retirarlas nas oficinas do club (de luns a venres (agás o festivo) no horario habitual -de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas- e o sábado de mañá -de 11.00 a 13.00 horas), xa que ten que ser rexistrado no noso sistema. Do mesmo xeito, os menores de idade, tanto abonados como non abonados, teñen que recoller as súas invitacións tamén nas oficinas ou nas taquillas.

Ademais, para esta eliminatoria o club ten preparada unha camiseta conmemorativa do playoff, que tamén se porá mañá á venda, e un vídeo especial. No descanso do encontro, haberá tres participantes no Desafío Mahou 5 Estrellas, que publicaremos en redes ao longo da semana.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-0️⃣ Sestao River Club⚽️ Unai Peón | Antón GuisandeA PRIMEIRA, NA CASA 🩵🤍TRES PUNTOS DE OURO QUE SABEN MOI BEN 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO DENDE A BANCADA 👥🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-0️⃣ Sestao River Club 📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.