Álex Ares: “Somos dous equipos moi bos e os pequenos detalles marcarán as diferenzas”

15 de Maio de 2018
  • O mediapunta comentou que o equipo confía en que as cousas sairán ben

Santiago de Compostela, a 15 de Maio de 2018.

Unha vez coñecido o rival da eliminatoria de campións, Álex Ares, un dos xogadores da SD Compostela con máis experiencia neste tipo de partidos, analizou en rolda de prensa como encara o equipo o cruzamento contra o RCD Espanyol B.

“Os filiais son, a priori, os máis fortes, pero temos moita ilusión con que as cousas van saír ben”, sinalou Álex Ares. Todos os xogadores viviron xuntos o sorteo nas oficinas do club e a sensación de todos era que “tocase o rival que tocase, a nosa ilusión é enorme por xogar a eliminatoria de campións”, comentou.

Nas horas posteriores, os xogadores chegaron ás súas casas e buscaron información sobre o equipo, pero “sen volvernos tolos”. Nesa procura, Álex chegou á conclusión de que son “un equipo novo, feito para subir si ou si, que o normal é que tenten sacar o balón xogado desde atrás”.

O que teñen claro é que o corpo técnico daralles a información necesaria para coñecelos e que poidan traballar entre semana os puntos fortes e débiles do rival. Con todo, asegurou que “temos que facer o noso e saír a gañar”.

Outro factor para ter en conta é que a ida se xogue en San Lázaro. “Sempre se di que prefires xogar a volta en casa, pero temos que sacar un bo resultado aquí e levalo a Barcelona”, dixo o mediapunta. Para iso, “que haxa un ambiente espectacular en San Lázaro será favorable, teñen que facer un esforzo e nós devolverllo cun gran resultado”, engadiu.

A maiores, os terreos de xogo serán de condicións similares, polo que se adaptarán á perfección ao estilo branquiazul. “É un factor que nos gusta e queriamos un campo bo”, o que permitirá que “sexa un partido aberto que se decida polos pequenos detalles”, reflectiu. Ademais, decretou que “nas eliminatorias de campións, entre dous equipos tan bos, as pequenas diferenzas marcan moito”.

O xogo sen balón será, neste último aspecto, un factor moi importante, polo que “temos que ter moita calma e saber que isto dura moito”, concluíu Álex Ares.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨#ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.