Álvaro Casas recibiu o premio ao #Jugador5EstrellasCOMPOS

16 de Maio de 2018
O mediocentro recibiu o galardón de Mahou xunto a todos os seus compañeiros.
O mediocentro recibiu o galardón de Mahou xunto a todos os seus compañeiros.
  • O mediocentro recibiu o galardón de Mahou xunto a todos os seus compañeiros

Santiago de Compostela, a 16 de maio de 2018.

Álvaro Casas, xogador cinco estrelas da SD Compostela, recibiu en San Lázaro II esta tarde, por parte de Mahou, o premio que o certifica como o mellor futbolista da tempada do equipo. O santiagués, que tamén fora nomeado na primeira volta, foi elixido pola afección a través das diferentes redes sociais co hashtag #Jugador5EstrellasCOMPOS.

O central, reconvertido a esa posición durante a tempada, quixo recoller este premio con todos os seus compañeiros, xa que considera que “isto é mérito de todos os compañeiros e hai que tomalo con naturalidade”. Con todo, quixo agradecer a todos os que o votaron para que recollese o premio, aínda que non se considera o cinco estrelas do equipo.

Cun gran ambiente, Álvaro e todos os compañeiros encaran a cita con moita ilusión porque “se gañamos a liga é porque fixemos algo ben e con iso, unha vez que chegue o domingo pola tarde, temos que ir a por o partido”.

A golpe de mércores e co coqueteo do gran duelo do domingo, o plantel coñeceu da man do corpo técnico algúns detalles sobre o rival, aínda que o santiagués considera que “non temos que facer moito fincapé niso, porque se chegamos aquí é polo que realizamos nós”. Aínda así,  puntualizou que “non hai que terlles ningún medo, pero se moito respecto”.

Ademais, Álvaro concienciou a todos de que hai que ter tranquilidade porque estas eliminatorias son moi longas e nunca podes asinar nada. “No fútbol nunca se sabe, podes traballar un partido moito e xogar un minuto e cambiar todo”, comentou.

Aínda así, prevé un choque “bonito de ver, con dous equipos que nos gusta ter o balón e presionar arriba, con alternativas no xogo e con goles”.

Outro factor importante será o público que acuda a San Lázaro, polo que o xogador chamou á afección para que os axuden nesta cita tan importante, recalcando a importancia de que San Lázaro sexa un fortín. “Respondemos durante toda a tempada e pedimos que canta máis xente poida subir a San Lázaro, máis van ser máis o xogador número 12 e axudarannos a gañar o partido”, asegurou.

No acto oficial, ademais de todos os xogadores e corpo técnico, estivo presente Javier Puñal, director de marketing do club, e Rubén Vázquez, xestor de Mahou en Santiago.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 De pequenos a maiores, co apoio de todos, a por este play offTodos xuntos conseguiremos o ascenso!!Imos con todo desde este sábado!! 💪💪💪📸 Nacho Castaño#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎂 Neste Día da Ascensión, temos de aniversario ao noso mago, Parapar 🩵🤍Moitos parabéns!! Que veña acompañado dun ascenso!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧤 Con 28 goles encaixados e unha media de 0,0092 goles/minuto, o noso Álex Cobo foi o Zamora do Grupo 1 da Terceira RFEF🩵🤍 Parabéns, Álex!! A seguir así no play off!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Comeza o play off!! Este sábado, a primeira gran cita en Vilalba!Todos xuntos, a comezar con bo pe!! 🫂⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.