O Xuvenil Nacional segue con vida

21 de Maio de 2018

Santiago de Compostela, ao 21 de maio de 2017.

Nunha xornada na que a maioría dos equipos das categorías inferiores xogaron os seus partidos de Copa, a nota positiva deixouna o xuvenil de Liga Nacional, quen no penúltimo partido de liga sacou un  valiosísimo triunfo contra o CD Boiro que lle permite seguir con vida para a última xornada.

Precisamente, os xuvenís gañaron por 3-2 ao conxunto do Barbanza, nun duelo no que remontaron o tanto inicial dos visitantes. Marcos González, por dúas veces, e Marcos Andrade puxeron un claro 3-1 a favor dos nosos, resultado que foi recortado na parte final, pero que permitiu sumar tres importantes puntos aos santiagueses.

Agora mesmo, os mozos dirixidos por Juan José Quintáns están a dous puntos tanto do propio Boiro como do Arousa, a falta dunha xornada, e quítanlle catro ao Coruxo, polo que xa se libraron do descenso directo. Con todo, por arrastres, os santiagueses aínda poderían caer.

Polo de súpeto, a próximo fin de semana tentarán gañar ao Ourense CF e despois esperar os resultados dos demais para saber se salvan a categoría ou non.

Pola súa banda, o xuvenil B, na primeira rolda da Copa do Sar caeu por 4-2 na súa visita ao Bertamiráns. Os nosos igualaron no marcador no 78 cun tanto de Marcos Andrade, pero recibiron outros dous nos últimos instantes.

En infantís, o A caeu eliminado na segunda rolda da Copa do Sar contra o Lalín. Os branquiazuis empataron o partido a dous goles, pero acabaron perdendo na lotería dos penaltis. Mellor sorte tivo o Infantil B que gañou por 0-5 ao Amio SD, na ida dos cuartos de final da Copa de Santiago.

Por último, o benxamín perdeu por 1-0 contra o Milladoiro, nun partido no que os nenos de Uña non tiveron fortuna, mentres que o biberón caeu contra o Oroso no último encontro da súa liga.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.