Samu: “Vendo como acabou o partido quédanos a sensación de que puidemos meter algún gol”

21 de Maio de 2018
  • O mediocentro analizou o partido de onte en rolda de prensa

Santiago de Compostela, ao 21 de maio de 2018.

Tras un adestramento de recuperación, un día despois do duro encontro de ida contra o  RCD Espanyol  B, Samuel Rodríguez analizouno en rolda de prensa. O de Bembibre cre que onte lles faltou algo de sorte cara a portería rival.

“Vendo como acabou o partido queda a sensación de que lle puidemos meter, polo menos, un gol”, sentenciou, malia que matizou que “o obxectivo era levar aberta a eliminatoria para a volta e iso cumpriuse e en liñas xerais creo que nos saíu un bo encontro”.

Analizando a semana, Samu comentou que cando esperaban o sorteo ninguén quería o Espanyol, pero que unha vez lles tocou “mentalízaste de que tes que pelexar como sexa e durante a semana traballamos para facerlles dano e creo que se notou durante o partido”.

Os xogadores branquiazuis sabían que terían que correr detrás da pelota, pero ao final cando máis padeceron foi nos primeiros minutos, aínda que “empezaron con moito ritmo, pero con pouca profundidade e co paso dos minutos fomos aclimatándonos mellor”.

Segundo o mediocentro, o que palpa o equipo é que puideron facerlles máis dano, pero son cautos xa que saben “que eles comezaron mellor”. Con todo, o plantel considera que co paso dos minutos foron dando a volta á tortilla, en especial, grazas ao apoio da bancada. “Cando che aplauden en cada ocasión ou apertan en xogadas dubidosas, como no posible penalti a Primo, iso nótase moito e axúdache”, argumentou Samu.

Para o partido de volta, o medio cre que será un duelo “que en liñas xerais será semellante ao de aquí, coa diferenza de que eles terán á súa afección e pódelles dar algo máis de motivación e ritmo ao comezar o encontro”.

Pese a todo, as condicións dun campo “espectacular, de grandes dimensións, parecido a San Lázaro, non lles fará cambiar moito de rexistro”, apuntou. Con ganas de gozar, o equipo confía en si mesmo, máis cando pensan que cun gol, eles teñen que meter dous.

“Este ano demos un paso adiante nos partidos de visitantes, víusenos máis tranquilos e afrontámolos moi ben, aínda que neste caso, as condicións do campo serán similares e non como na liga”, analizou.

No que respecta á viaxe, o equipo irá ás 22.00 horas do sábado, circunstancia que non incomoda en  demasía ao mediocentro xa que “sempre é máis ameno que ir en autobús”. Ademais, sinala que o club buscou a opción máis viable e que tampouco hai que darlle máis voltas.

Por último, Samu fixo un chamamento para que a xente que poida “viaxe si ou si, porque canta máis axuda teñamos vai ser moito mellor, notarase moitísimo”.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.