Lucas Díaz: “En Barcelona hai que tentar acadar o obxectivo, que non é outro que ascender”

22 de Maio de 2018
  • O meta dixo que o partido do domingo xa está esquecido e que prepararán con gañas o do domingo

Santiago de Compostela, a 22 de Maio de 2018.

Un dos factores diferenciais da SD Compostela nesta segunda volta foi a seguridade na portería. Durante toda a segunda volta, o equipo so encaixou tres goles en San Lázaro (dous deles na última xornada) e na ida da eliminatoria de campións volveuse mostrar esa solidez defensiva. Nesta estrutura, unha das pezas máis utilizadas foi Lucas Díaz, porteiro titular durante boa parte do curso.

O meta, visto o partido do domingo, confía no seu equipo, malia que deixa claro que saben que se enfrontan ao rival máis complicado que lle puido tocar. “O domingo está esquecido, temos que pensar xa en Barcelona e ir sen terlle medo ningún, menos despois do partido vivido en San Lázaro”, explicou.

Conscientes de que será unha final, o feito de ser campións permítelles afrontar o partido sen unha ansiedade extrema, pero si que teñen claro cal é a meta. “Hai que ir alá e tentar lograr o obxectivo, que non é outro que ascender”, sentenciou o porteiro.

Saben que non será un tarefa sinxela, xa que “no seu campo contarán co apoio da súa afección”, pero teñen confianza porque conseguiron manter a portería a cero en casa. “Válenos un empate a goles e estamos convencidísimo de que podemos volver sendo doutra categoría”, asegurou.

Por outra banda, se ben considera que o feito de ser un dos mellores visitantes da categoría é un plus para afrontar o duelo, Lucas ten claro que é o enfrontamento máis complicado que lles puido tocar. “Sigo pensando que é o peor rival para xogar contra el, porque é un filial, con xogadores que para o ano estarán no primeiro plantel e que ganou a liga catalana con moitas xornadas por diante”, analizou. Con todo, tendo claro que son un equipazo, “se ben antes pensábamos que non era imposible, agora máis aínda, xa que levamos un gran resultado, malia que podía ser mellor”.

Lucas non ten unha vara máxica para saber que vai a suceder o domingo ao mediodía na Cidade Deportiva Dani Jarque, pero confórmase con calquera resultado con tal de ascender. “Non sabemos que vai a pasar, pero eles tampouco poderán saír como tolos xa que, se lle marcamos un gol, metémolos nun problema”, engadiu.

Porén, si que cre que intentarán crear, incluso máis que aquí, pero con precaucións, polo que agarda que a labor defensiva do equipo sexa “incrible”, como o outro día.

Por último, o gardameta quixo facer unha mención especial a como respondeu a xente o domingo en San Lázaro e desexou que “ogallá poida viaxar o máximo de xente posible, porque nos vai axudar un montón”. Tamén se acordou do club, ao que lle agradeceu a opción de poder viaxar en avión.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

42 minutes ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.