Amadeo Rey: “Temos un gran proxecto do que estar moi orgullosos e hai que seguir apostando por el”

23 de Maio de 2018
Amadeo celebrando o título de liga cos xogadores en Arenteiro.
Amadeo celebrando o título de liga cos xogadores en Arenteiro.

Santiago de Compostela, a 23 de Maio de 2018.

Cantos anos leva Amadeo Rey na SD Compostela?

Levo desde que o meu rapaz empezou a xogar en xuvenís, aproximadamente fai sete anos. Publicaramos unha revista coas fotos dos xuvenís e cando rematou a súa etapa comezou o meu vicio polo Compostela.

Chamaron a súa porta para que fose o fotógrafo oficial?

Nunca concretamos nada ata que chegou Javier Puñal, director de marketing, e oficializamos o posto por escrito e así está.

A nivel persoal, de onde sae a súa vena fotográfica?

Sae dende sempre, pero realmente estou implicado co tema dende hai 4 anos, cando estiven un ano enteiro nun curso de Fotoforum Compostela, porque facía fotos pero non tiña coñecemento, nin sei moito agora, pero melloreinas.

Gústalle so a fotografía deportiva ou tamén outros tipos?

Gústame todo en xeral, pero ao ir ao fútbol, tamén é unha escusa para sacar fotos, realizando un álbum fotográfico ao Compostela moi grande, tanto de sénior como de xuvenís. Ademais, grazas a miña labor tiven a sorte de participar en todos os ascensos que se pillaron seguidos, desde Preferente.

Que complicación ten un encontro de fútbol para fotografialo?

Para min ten moito, moitísimo, sobre todo se é un día de sol, que che complica a vida moito. Despois tampouco conto cun gran obxectivo, pero nestas categorías teño a sorte de poder moverme por todo o campo. Ademais, seguindo tanto ao equipo, sabes como vai acabar certa xogada, buscas a imaxe nun momento determinado.

E como leva conciliar o traballo co sufrimento?

Sufre un, como por exemplo no descenso. Estaba sacando fotos, pero por dentro tiña pena. Penso agora mesmo no de Cieza, cando se subiu a Segunda B e o que se pasou alí, e iso compensa todo o malo de sacar a foto. Este domingo tamén sufrín, pero estás ao que estás.

Xa no relativo ao club, de onde sae a súa paixón polo Compostela?

A miña vena compostelanista ven de sempre, antes de que o Compostela ascendera a Primeira División. Daquela non o seguía tanto, é verdade, porque traballaba en Vigo e ía máis a Balaídos, pero sempre estaba atento.

Daquela era un seguidor máis, pero agora converteuse nun emblema do club, síntese así?

É unha desculpa, o de saír a fin de semana é un motivo ir a ver o Compostela, senón ao mellor estaría na casa sen facer nada. Busco unha desculpa para ver algo que me gusta, que é o fútbol.

Considera que a xente valora o seu traballo?

Evidentemente. De feito, hai xente que me pide fotos nun momento determinado, como nesta última eliminatoria contra o Espanyol, na que un medio de alá contacta comigo para mandarlle imaxes. A xente agradécemo tamén en Twitter.

A maiores da súa labor como fotógrafo, tamén colabora co club coa súa empresa, Armesa. Como é de importante que as entidades da cidade se involucren coa SD Compostela?

Totalmente importante. Cada un aporta, a nivel persoal e de empresa, o que pode, pero o que non cabe dúbida é que para manter os equipos, xa sexa fútbol, fútbol sala ou baloncesto, ten que implicarse a cidade, sobre todo as grandes empresas de Santiago, que non o fan e nunca o fixeron. Sempre nos involucramos as PYMES.

Cre entón que deberían aportar moito máis?

Creo que si. Mirando outros sitios, que teñen equipos en categorías máis altas, vexo que as entidades están máis comprometidas. De todas as maneiras, sempre penso e digo que Santiago non é de todo futbolero, pero se chegamos a subir un pouco máis para arriba, é un deporte xeral que nos gusta a todos e así implicaríanse máis.

Como ve a implicación desa xente neste novo proxecto?

Hai socios que levan moitos anos apoiando ao equipo e despois a empresa colaboradora debería axudar un pouco máis, quizais tamén a partir de que o club lle preste outras iniciativas as empresas, sobre todo, a nivel de hostalaría, regalando entradas, por exemplo, aos bares, para captar a esa xente que é asidua a un local. Creo que pisando un pouco máis a rúa, se implicaría máis xente.

En relación con este proxecto, despois dun paso atrás como foi o descenso de categoría, apostouse por xente nova e da casa. Como ve esa filosofía que tomou o club?

No seu momento non se tomou como unha medida axeitada, porque se viñan duns anos de fichar xente con nome, con experiencia en categorías altas, como que estabamos un pouco tolos con que tirando de carteira se ía subir para arriba.

Por este sentido, o baixón notouse, de dar moito a dar pouco, pero o que está claro é que foi un gran proxecto e creo que debemos estar moi orgullosos dos xogadores, do corpo técnico, dos directivos, do director deportivo…de todos. Esta campaña é de dez, súbase ou non, valoro moi alto o que están facendo.

Despois dunha gran tempada, como cita, no partido de ida da eliminatoria de campións acádase un empate a cero. Sendo un experto neste tipo de eliminatorias, que lle diría ao plantel para o encontro de volta?

É difícil. O presuposto dun Espanyol cun Compostela, lévannos moito. Eu dicíalle ao presidente antes do partido que firmaba un empate a cero. É complicado, hai que xogalo, somos todos de Terceira División e polo visto aquí xogan ben, pero tampouco meteron moito medo, o cal non ten que dicir nada. O que teño claro é que vou coa ilusión de ir a Barcelona e celebrar un ascenso.

Como cre que pode influír esa xente que se vai a desprazar á Cidade Deportiva Dani Jarque?

Sempre é importante. Non cabe dúbida que é un desprazamento largo é que o luns hai que traballar, pero para os xogadores vai ser un aliciente sexamos os que sexamos. Teñen que sentir que contan co cariño dos aficionados do Compostela, porque lles vai gustar.

Pensando no futuro, que debería facerse para que o aspecto da grada de San Lázaro do domingo se vexa durante toda a tempada?

O club quizais non poida facer moito máis, quizais invitar máis aos nenos dos colexios, xa que hai sitio de sobra no Estadio, porque son a base do futuro. Creo que un carné de socio por 90 ou 120 € para ver unha Terceira División paréceme un prezo moi accesible. Son socio de equipos de rexional e pago 30 €. Estás vendo unha boa categoría, pero a xente é moi reacia.

Por último, que mensaxe lle enviaría a afección para seguir a este club, por que merece tanto a pena?

Merece a pena porque é o Compostela de Santiago, unha cidade coñecida mundialmente, polo seu camiño de peregrinación. Este ano acabou todo ben, coa grada chea o domingo, e de cara ao ano próximo, súbase ou non, pídolle que siga apoiando o club, máis que este curso, porque merecemos estar un pouco máis arriba e para iso hai que pelexar moito, pero sempre co apoio da afección.

Un apoio para peregrinar cara un soño, o fútbol profesional…

Ese si que é un bo soño a peregrinar. Está aí, hai que marcarse un obxectivos, uns límites…volver a unha Primeira División, seguro que pasan xeracións ata que volva a ser, pero hai que pórse metas, con cabeza, cos pes no chan, pero loitar.

Un exemplo claro é o Huesca, cun campo de 5.500 espectadores. Colleu un bo bloque e acabou con este éxito, polo que se nós co bloque que temos actualmente, se mantemos un 70 ou 80 % dos xogadores que hai, corrixindo onde vexan os técnicos partes brandas que haxa, sen presa, chegará un día que teñamos un club asentado en Segunda B ou pelexando por unha Segunda A. Hai que facer unha base boa, conservar unha estrutura.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.