Tomás Abelleira: “Sen dúbida, o domingo todos saímos máis contentos de como chegabamos”

23 de Maio de 2018
  • O pontevedrés destaca que a clave do equipo é a boa sintonía no xogo entre compañeiros

Santiago de Compostela, a 23 de Maio de 2018.

O plantel da SD Compostela volveu hoxe ao traballo despois da xornada de descanso coa vista posta no decisivo duelo do domingo ás 12.00 horas na Cidade Deportiva Dani Jarque contra o RCD Espanyol B. Os branquiazuis afrontan este duelo con moita ilusión e así o reflicten as palabras dos seus futbolistas, neste caso, Tomás Abelleira.

O centrocampista explicou en rolda de prensa que a sensación anímica é similar en todos os integrantes do plantel, tendo claro que o partido que lles vén afróntano con máis ilusión que como unha carga. “Se traballamos e sacrificámonos , pase o que pase, imos saír gañando seguro”, comentou.

O plantel cre que non pode ser unha esixencia ascender o domingo, pero o que si teñen claro é que xogarán de ti a ti. “Temos moitas máis opcións das que criamos e criades a semana pasada, se somos honestos. Víñanos o coco, os que dicían que eran os mellores e, sen dúbida, o domingo todos saímos máis contentos de como chegabamos”, analizou o pontevedrés.

Ese resultado transformouse nunha maior confianza, aínda que Tomás advirte: “Dános confianza, pero pode ser traizoeira. Sabemos que non será o mesmo partido e que as cousas serán moito máis difíciles, pero nun playoff, un detalle, pódeche por todo de cara, pero sabemos que será máis complicado”.

Esa complicación tamén lles dá un pouco máis de motivación, xa que levan todo o ano demostrando a propios e estraños o nivel que teñen. “Durante a liga non tiñamos a mesma obrigación, entre comiñas, que outros equipos, e con iso vímonos arriba, e esta semana foi un pouco igual”, comentou Tomás e engadiu: “Ves o seu plantel e non teñen xogadores de paso, senón para dar o salto ao primeiro equipo e iso fai que en principio teñan máis nivel ou capacidades, pero nun partido, se a nós custábanos contra calquera equipo de Terceira, a eles íalles a pasar o mesmo”.

Debuxando o partido de volta, o mediocentro relatou que, observando como xogan, non cambiarán moito o seu estilo, malia que espera que tenten mellorar algúns aspectos que en Santiago non fixeron tan ben, como pode ser a verticalidade. A clave pasa por saber como contrarrestarán os nosos isto para sacar un mellor resultado, pero, sen dúbida, “ambos xogaremos con dúas marchas máis”, di Tomás.

Por outra banda, considera que un gol os poría moi tensos, mentres que ao revés a situación non cambiaría moito porque só terían que marcar outro. “Co que estamos a traballar ambos, quen reciba o primeiro gol vai sufrir un pau duro”, asimila.

Con todo, Tomás dixo que o equipo, se ten que correr detrás da pelota, non lle vai a importar, tal como se viu o domingo pasado. Todos se van a sacrificar, aínda que tentarán tamén ter a posesión para facerlles dano. Outro aspecto importante será tamén o xogo aéreo, con xente como Primo, Cardeñosa ou Casas. “Ao final, non deixan de ser xogadores novos, e igual que a nós, durante a liga, a xente veterana tentábanos facer dano, agora temos que aproveitar ese aspecto do xogo”, sentenciou.

No relativo á afección, aínda que lle dá algo de pena de non enfrontarse a un conxunto habituado ao playoff, xa que move máis masa de seguidores, espera que oxalá veña moita xente, de ambos os lados, e que sexa unha festa. “Todo o ano sentímonos moi arroupados polos 100 ou 150 que nos seguiron en todas as saídas, e iso nótase un montón”, eloxiou o mediocentro.

Este gran agarimo, unido á sintonía que ten o equipo, é unha das razóns polas que o xogador pontevedrés se sente tan ben aquí. “En Pontevedra gocei como un anano, pero aquí, teño máis peso, rodeado de xente da miña idade e dun estilo similar e que ademais de compañeiros, son amigos, pois entón xa é perfecto”, explicou.

A gran amizade únese a que varios xogadores se están atopando no mellor momento. “Un dos segredos do plantel é que moitos estamos a dar o noso máximo nivel, non individualmente, senón en como nos compenetramos cos outros compañeiros no campo”, analizou Tomás.

Se esta sintonía se volve a demostrar en Barcelona, o equipo dará un gran paso para tentar sacar a eliminatoria. De non ser o caso, Tomás está máis confiado que nunca en que poderían volver chegar á última fase e ascender igualmente.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 | Míchel Alonso🙌🏻 ONCE do COMPOS para o partido ante o @realoviedo Vetusta!👨‍🏫 Borja Rey como novidade baixo os paus!💪🏻 IMOS A POLO TRIUNFO!#ComposVetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🤝 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 𝐏𝐀𝐓𝐑𝐎𝐂𝐈𝐍𝐀𝐃𝐎 ✖️ O Pan de Leis 🥖 Un ano máis, a panadaría apoia o proxecto do Compos!!!⚽️ Patrocina a David Soto e tamén o encontro desta matinal, ás 12.00 horas no Vero Boquete, ante o Real Oviedo Vetusta!!!🙌 GRAZAS!!!#composvetusta #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍💪 TODOS XUNTOS, A POR UN GRAN TRIUNFO!!!🆚 Real Oviedo Vetusta⏰ 12.00🏟️ Vero Boquete🎟️ app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/6566fd34cb3f3943395285📺 En Xogo 🙌 APOIA AOS NOSOS NESTE PARTIDAZO MATINAL NA NOSA CASA!!! #composvetusta #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 | Míchel 🩵🤍🙌 OS NOSOS para o encontro de mañá no Estadio Vero Boquete, ás 12.00 horas, contra o @realoviedo Vetusta!💪 Míchel chama a varios reforzos da @canteirapicheleira #ComposVetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario, Samu Araujo!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Samu!!! 💪 Oxalá poder celebralo mañá cunha nova vitoria na nosa casa!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.