Cardeñosa: “O tempo corre ao noso favor e creo que imos ter posibilidades ata o final”

24 de Maio de 2018
  • O central considera que todos están a un gran nivel para aguantar o esforzo físico ata o final do encontro.

Santiago de Compostela, a 24 de Maio de 2018.

A tormenta chegou esta tarde a Compostela, pero cando ten que descargar será o domingo ás 12.00 horas na Cidade Deportiva Dani Jarque. Os nosos xogadores están tranquilos, pero con ganas de que chegue ese duelo no que se vai decidir que equipo sube xa á Segunda División B.

Para afrontalo, unha das voces máis experimentas dentro do vestiario, tanto por xogar partidos deste tipo, como pola súa idade, é a de Cardeñosa. O segundo capitán do plantel comentou hoxe que o equipo ten “moita ilusión, pero ademais de tentar ir a polo obxectivo do ascenso, estano a vivir como un premio”. O central di que están a vivir momentos bonitos, con adestramentos con moita tensión, porque todo o mundo quere chegar a tope a Barcelona.

Ao igual que o seu compañeiro Tomás, Carde cre que será un encontro con moita máis intensidade, no que influirá quen gañe no seu plan de partido. “Eles comentan que queren mellorar o traballo na última liña, ser máis verticais, variando algo respecto ao primeiro partido. Mentres, nós temos que seguir no mesmo nivel, moi concentrados, sen conceder, e se o facemos así, imos ter as nosas oportunidades”, analizou o defensa.

Neste aspecto, considera que quizais o outro día tamén o tentasen, pero que non puideron polo traballo defensivo de todos, polo que engadiu: “O tempo corre un pouco ao noso favor e creo que vamos estar con posibilidades ata o final, pase o que pase”.

Ambos conxuntos buscarán as fraquezas do rival, malia que agora se coñecen un pouco máis. Así, con este coñecemento, o capitán asegura que eles seguen sendo os favoritos, pero, ante todo, confían nas súas posibilidades. “Hai que ter tranquilidade porque un erro pode mandarte fóra. Ter serenidades, as cousas claras, deixar a pel, meterlle moita intensidade e como dicía un adestrador meu: ‘Cabeza fría, corazón quente”, argumentou o central.

Ante a posibilidade que sobrevoa de chegar a unha prórroga, Cardeñosa pensa que o equipo está preparado para un esforzo físico adicional, algo no que afecta favorablemente a dosificación que tiveron durante a tempada. “Durante o ano molesta que che senten, pero agora agradécese porque chegamos todos ao 100 %. Por exemplo, o outro día trocáronse os dous mediocentros e os dous que entran estaban preparados para un encontro desas características”, aclarou.

Seguindo nesta liña, no caso de seguir empatados trala prórroga o equipo leva adestrando os penaltis dende a semana pasada, malia que Cardeñosa asegura que chegado o momento, ten que tirar o que estea máis fresco. El, se ten a posibilidade, escollería lanzar de primeiro.

Por último, o defensa agarda un bo ambiente na grada da Cidade Deportiva, xa que é bonito gozar desa emoción. Ademais, coa axuda da marea branquiazul que viaxe, os xogadores tentarán sacar ese esforzo extra para loitar ata o final e acadar ese soño polo que levamos peregrinando todo o ano.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
Onte estivo de aniversario o noso mariscal na zaga, Euse Monzó!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Euse!!! 💪 Que veñan acompañados de moitos éxitos e que os celebremos xuntos!!!📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual | Jesús Figueroa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 UN ENCONTRO PARA SACAR ENTRE TODOS!!!🙌 ESTE DOMINGO, TODOS AO VERO BOQUETE!!!🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 10.12.23⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete📦 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 𝐎 𝐏𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐋𝐞𝐢𝐬 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/6566fd34cb3f3943395285#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚽️ Comeza unha nova semana con cinco adestramentos previstos! Centrados xa no seguinte reto na casa!!!⚒️ Este domingo, todos xuntos, sacaremos adiante o encontro!!!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.