O Espanyol B logra o ascenso nun partido polémico

27 de Maio de 2018
Primo presiona a Edu Frías nunha acción do encontro. Foto: Amadeo Rey.
Primo presiona a Edu Frías nunha acción do encontro. Foto: Amadeo Rey.
  • Tres goles na primeira media hora, a pesar da reacción compostelanista na segunda, servíronlles aos locais para gañar e ascender

  • O Compos reclamou ata tres caídas na área, dúas de Róber e unha de Diego Rey

  • Os nosos terán unha segunda oportunidade a partir da semana próxima

Santiago de Compostela, a 27 de Maio de 2018.

A SD Compostela terá que esperar un mes máis. Os nosos caeron por 4-2 contra o RCD Espanyol B, na volta da eliminatoria de campións, polo que entrarán na repesca cos segundos, terceiros e cuartos que pasen os seus enfrontamentos.

O partido na Cidade Deportiva Dani Jarque estivo marcado polos tres tantos en apenas media hora do cadro local e pola gran polémica, ao protestar o Compos ata tres caídas na área, dúas de Róber  e unha de Diego Rey.

Iago, Joselu e Puado puxeron en vantaxe aos locais, recortou Primo na segunda, volveron marcar os periquitos por mediación de Cristo e, por último, Cardeñosa anotaría o 4-2 final.

Cun ambiente incrible na bancada, tanto nun bando como o outro, a SD Compostela saltou ao campo 1 da Cidade Deportiva Dani Jarque con moita ilusión e ambición para a final que tiñan por diante.

Saltaron con ganas e iso transformouse nuns tres minutos de posesión branquiazul, córner a favor incluído. Con todo, na primeira acción dos locais, Iago sacouse un tremendo zapatazo desde 40 metros que entrou pola escuadra da portería santiaguesa.

O golpe foi duro, pero a base de sacrificio, algo que nos levan demostrado estes xogadores durante toda a tempada, o Compos fíxose dono de novo do encontro. Eran minutos co equipo branquiazul en campo contrario. Nese asedio, o gol puido chegar nunha acción por banda esquerda que acabou con asistencia de Naveira e o zurdazo de Álex Ares, pero o balón foise ao lateral da rede.

Con todo, a mala fortuna volveu afectar aos compostelanistas. Aos vinte minutos, o Espanyol roubou no medio, nunha acción na que Tomás pediu falta do rival, abriron para a chegada de Pedrosa, o lateral esquerdo centrou raso ao segundo pau e aí apareceu Joselu para rebentar o esférico ao fondo da rede.

E antes da media hora, aínda caeu o terceiro. Esta vez por banda dereita, Víctor chegou á altura da área, centrou ao segundo pau, e esta vez foi Puado o que lle gañou o salto ao seu par, para embocar de cabeza outro tanto para os locais.

Antes de irse ao tempo de descanso, o Compos podería ter a oportunidade de acurtar distancias, pero na caída de Róber na área, tras empurrón de Pipa, o colexiado non viu unha acción punible.

Pese ao resultado avultado, este equipo leva toda a tempada demostrando un gran sacrificio e saíu á segunda parte coa cabeza alta, pensando que era posible. Neste inicio, os nosos foron de novo quen levaron a iniciativa e, a pesar de que primeiro avisarían os locais cun tiro de Pedrosa que se foi rozando o traveseiro, acabou por chegar o tanto visitante.

Na enésima xogada colectiva, Tomás remataba forte de lonxe, un lanzamento ao que se interporía Primo, para controlar e pegarlle á media volta, colocando o esférico na escuadra.

Crían os nosos e, xa con Santi e Diego Rey no campo, repetiuse outra acción polémica. Esta vez era o propio Diego quen caeu na área, tras saír desequilibrado dun intento de disparo, pero, de novo, o árbitro non sinalou nada.

O dominio era claro, pero chegaría un novo golpe. Nun balón despexado pola defensa visitante, Cristo atoparíaa na frontal e pegaríalle potente de volea, anotando o cuarto tanto sen que Lucas tivese opción de parala.

Pese ao cuarto, chegou unha nova reacción compostelanista. Álex Ares botou unha falta desde 40 metros cun tiro moi potente, o cal foi rexeitamento por Edu Frías, pero Cardeñosa, moi atento, gañoulle a partida á defensa e empuxou o esférico ao fondo da rede, no segundo tanto visitante.

Tras o tanto, os últimos minutos foron de asedio compostelanista, con múltiples centros á área desde a banda, mesmo unha xogada no desconto na que Álex Ares lle pegou desde a frontal e o balón foise a córner tras golpear nun defensa.

Pese ao esforzo final, o marcador xa non se moveu e foise da Cidade Deportiva triste, contrastando coa enorme alegría do cadro local. Con todo, a enorme tempada realizada permítenos gozar dunha segunda oportunidade, a partir da semana que vén. Toca levantar a cabeza e preparar desde o mércores a nova eliminatoria.

FICHA TÉCNICA:

4-RCD Espanyol B: Edu Frías; Pipa, Lluis, Iago, Pedrosa; Pol Lozano, Álex López (Manchón, m.72); Víctor (Cristo, m.69), Doncel (Bermejo, m.78), Puado; e Joselu.

2-SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Samu (Santi, m.64), Ube (Mon, m.78); Álex Ares, Tomás, Róber (Diego Rey, m.64); e Primo.

Goles: 1-0: Iago, min.4; 2-0: Joselu, min.21; 3-0: Puado, min.25; 3-1: Primo, min.68; 4-1: Cristo, min.76; 4-2: Cardeñosa, min.79.

Árbitro: De Ena Wolf, comité aragonés. Amoestou a Víctor, Manchón e Iago, polos locais; e a Cardeñosa, Álvaro Casas, Uña, Ube e Saro, polos visitantes.

Incidencias: Partido de volta da eliminatoria de campións do playoff de ascenso á Segunda División B disputado na CE Dani Jarque ante ao redor de 3.000 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Estamos no primeiro tramo da Campaña de Abonos 26/27 “O Camiño do Norte”, exclusivo para RENOVACIÓNS👉 RECORDA, co teu abono, entras gratis este sábado ás 20:00h ao amigable contra o DéporNa Oficina, na tenda ou en liña🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com+ℹ️ sdcompostela.com/gl/abonados-2/abonos-sd-compostela-26-27-gal/🗓️ Este primeiro tramo, no que se renova tamén o asento, está aberto ata o 27 de xullo#OCamiñodoNorte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
2⃣.0⃣0⃣0⃣ entradas xa vendidas para o amigable do sábado contra o Real Club Deportivo de La Coruña 🏟️ Faite coas últimas localidades de Preferencia antes de que se esgoten!!! Despois, habilitarase Fondo Norte🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🩵🤍 Recorda que os Abonados 26/27 teñen a entrada gratuíta co seu abono 📸 Nacho Castaño#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️ 𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀🔜 Con Carlos de Lerma á fronte, iniciaremos os adestramentos este mércores 15 de xullo⚽️ 8⃣ semanas de preparación nas que disputaremos entre 6 e 8 amigables🏟️ O primeiro, este sábado 18, ás 20:00h, contra o Real Club Deportivo de La Coruña no Vero Boquete#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Samu, unha lenda do Compos, despídese do verde de San Lázaro©️ O noso capitán, tras 🔟 tempadas e 274 partidos oficiais defendendo con honra a nosa camiseta, pasará aos despachos para formar parte da secretaría técnica do clubEres xa unha parte do noso escudo! Estaremos eternamente agradecidos!𝘚𝘦𝘮𝘱𝘳𝘦 𝘚𝘢𝘮𝘶! 𝘚𝘦𝘮𝘱𝘳𝘦 𝘊𝘰𝘮𝘱𝘰𝘴!ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/12/despedida-compos-lenda-samu/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 Unai Peón seguirá crecendo co Compos na #SegundaFederación⚽️ Aos seus 22 anos, o talentoso mediocentro, que chegou no pasado mercado invernal, dará un paso máis na súa carreira ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/11/unai-peon-compos-26-27/📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.