Santi Gegunde: “Non terei ningún problema para xogar este domingo”

30 de Maio de 2018
Santi Gegunde na rolda de prensa coa camiseta de Peregrinando Cara Un Soño.
Santi Gegunde na rolda de prensa coa camiseta de Peregrinando Cara Un Soño.
  • O lucense explicou que o equipo encara con ilusión esta segunda eliminatoria

Santiago de Compostela, a 30 de Maio de 2018.

Pasaron xa tres días desde a derrota na Cidade Deportiva Dani Jarque e a SD Compostela xa só ten na cabeza a nova eliminatoria do playoff de ascenso. Este domingo ás 18.00 horas no Estadi Olímpic de Terrassa iniciarán a segunda fase da postemporada contra o Terrassa FC, cuarto clasificado no grupo 5 da Terceira División, nunha rolda que esperan superar para volver loitar por subir de categoría.

Un dos xogadores que agardan con máis ansia este encontro é Santi Gegunde. O lucense, que se perdeu a ida contra o RCD Espanyol B por culpa dunha escordadura de nocello, puido xogar 30 minutos o domingo pasado, polo que quere volver retomar sensacións dentro do campo.

“Esta semana espero adestrar con normalidade para estar a fin de semana, xa que o domingo xoguei 30 minutos e non notei ningunha molestia, aínda que si saín cunha vendaxe por precaución”, sinalou o dianteiro.

A entrada no terreo de xogo de Santi coincidiu cos mellores momentos do Compostela na Cidade Deportiva, unhas sensacións que lles permitiron dixerir mellor a eliminación na eliminatoria de campións. “Tiñamos moitas ilusións, pero empezamos moi mal e iso acabou pesando, porque ao final acabamos ben e sometemos a un dos tres mellores equipos da categoría. Así, na comida pasámolo moi mal, pero pola tarde, falando entre nós, xa retomamos a ilusión para o que queda por diante”, comentou o lucense.

Co comezo da nova semana, o equipo coñeceu o seu novo rival, un novo conxunto da liga catalá, unha circunstancia á que non temen. “É un desprazamento longo, pero en avión faise máis cómodo”, sinalou. Ademais, Santi engadiu que cren nas súas posibilidades, xa que, se foron capaces de someter a todo un Espanyol B, por difícil que sexa o rival, poderán facelo con calquera.

Así, tras o descanso dun día, arrincan os adestramentos coa ilusión de traer un resultado positivo de Barcelona e rematar a faena en San Lázaro. “Temos que encarar o partido con ganas, ir xuntos, gozar da viaxe, e chegar ao partido dunha maneira positiva”, analizou

En canto ao rival, o Terrassa FC, Santi compárao co Compos tras as súas primeiras pescudas. “É un equipo similar ao noso, histórico, que mete bastante xente, con 3.000 persoas no playoff, e que ten as mesmas posibilidades que nós, porque nós alí sufriremos o campo de herba artificial, pero eles aquí pasaralles o mesmo nun de natural, terreos que non abundan na súa liga”, detallou o dianteiro.

Precisamente, sobre o céspede do Olímpico, saben que non está nas súas mellores condicións, pero agradecen que sexa un campo de grandes dimensións. “Haberá que ter coidado en fase de iniciación, pero de mediocampo para arriba poderemos utilizar o noso xogo, facer dano cos nosos xogadores, e tentar marcar algún gol”, argumentou.

A clave pasa, segundo Santi, por marcar un tanto fóra de casa. “Somos un conxunto que adoitamos marcar fóra e traendo un bo resultado aquí podemos matalos, porque na segunda volta fomos moi sólidos defensivamente en San Lázaro e metemos gol na maioría dos encontros”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
📢 Inscríbete na renovada Academia da SD Compostela!📚 Reforzo académico en todas as materias de Primaria e Secundaria (5-16 anos)!🇬🇧 Clases inglés ata os 18 anos!🧓 Talleres de Memoria e Pintura para maiores!⚽️ Horarios compatibles cos adestramentos! Descontos para xogadores da Canteira Picheleira! 🙌 E aberta a todos os nenos e nenas interesados!✍️ sdcompostela.com/2023/09/27/academia-sd-compostela-2324-inscribete/#academiasdcompostela #clases #persoasmaiores ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
📌 DATA E HORA CONFIRMADAS PARA O PRIMEIRO DERBI COMO VISITANTES!!!⚽️✖️6🆚 Real Club Deportivo de La Coruña 🗓️ Sábado - 07.10.23⏰ 17.00🏟️ Abegondo💙🤍#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Centrados xa en superar o seguinte reto 💙🤍💪 XUNTOS, BUSCAREMOS O TRIUNFO ESTE DOMINGO NA CASA!!!📸 𝐉𝐞𝐬𝐮́𝐬 𝐅𝐢𝐠𝐮𝐞𝐫𝐨𝐚 | Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝑹𝑬𝑺𝑼𝑳𝑻𝑨𝑫𝑶𝑺 𝑪𝑨𝑵𝑻𝑬𝑰𝑹𝑨 𝑷𝑰𝑪𝑯𝑬𝑳𝑬𝑰𝑹𝑨 💙🤍⚽️ Resultados e clasificación para os equipos da base da SD Compostela, que nos trae Milongas Parrillada, tras unha gran fin de semana para os nosos!!!#CanteiraPicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💙🤍 UNHA NOVA REVÁLIDA CO PRIMEIRO DERBI DA TEMPADA!!!🆚 Ourense CF 🗓️ 01.10.23⏰ 19.00🏟️ Estadio Vero Boquete🤝 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Auchan 🎟️ Entradas 👉 bit.ly/EntradasvsOurense🙌 LOITAREMOS CON TODO PARA QUE OS PUNTOS QUEDEN NA CASA!!!#composourense #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.