Santiago cre na remontada

9 de Xuño de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/4J7uvVZlmeA” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Yago Iglesias destacou que todo o equipo confía en que se lle dará a volta á eliminatoria

Santiago de Compostela, a 8 de Xuño de 2018.

Unha aura rodea á cidade de Santiago e ao seu equipo de fútbol, a SD Compostela. Todos eles teñen por diante unha final o domingo ás 20.00 horas en San Lázaro, un duelo que comeza con dous goles en contra, pero no que todo o mundo, incluídos os xogadores, cren na remontada. O equipo sabe que facendo o mesmo que ao longo do ano poden contrarrestar o resultado da ida e por iso loitarán ata o último segundo.

Yago Iglesias destacou en rolda de prensa que a palabra da semana é “crer”. Asegurou que non hai ningún xogador que non confíe en que se pode conseguir, polo que están a desexar que chegue o domingo, porque teñen claro que: “Non será un domingo calquera”.

“Non vai ser sinxelo, pero temos argumentos tanto futbolísticos como de resultados para crer na posible remontada, e ese é o sentir do grupo”, recalcou o técnico. Ademais, engadiu que se está xerando un áurea ao redor do equipo que se levaba moito tempo sen ver en Santiago, e iso é porque hai ilusión por lograr un gran resultado. “Temos moito que dicir, unha ilusión enorme, queremos facer un gran partido, que se logre o resultado, gozar, porque será un partido para iso, e acabar pasando a eliminatoria”, explicou.

A sorte será tamén un factor diferencial no duelo, a cal está a ser esquiva ata o momento para os nosos, pero confían en que chegue por fin. “Canto mellor fagamos as cousas a nivel futbolístico e de concentración, canta máis xente veña e a cidade involúcrese máis, estaremos máis preto de que nos chegue a sorte”, sentenciou.

Outro factor que teñen en conta dentro do vestiario é o feito de que,  ao longo da tempada, tanto na primeira como na segunda volta, cando perderon dous partidos consecutivos, o seguinte encontro en casa foi de vitoria con moitos goles, 4-2 ao Areas e 3-0 ao Somozas. “Vimos de dous partidos perdidos, polo que,  se nos aferramos a iso, toca gañar. Ademais, estamos ante unha situación similar á do descanso no Dani Jarque e ese día decidimos levantar a cabeza e o equipo deu unha imaxe totalmente distinta, polo que vai responder”, argumentou.

Tendo clara a premisa, a calma será un aspecto diferencial. “Debemos meter só dous goles, non cinco ou seis, pero antes facer o primeiro e ser consecuentes con deixar a portaría a cero. Despois, unha vez teñamos o balón de medio campo cara adiante, ser moi agresivos e confiar en que cada pase, cada centro ou cada tiro acabará en gol”, sinalou o adestrador.

A maiores, o equipo analizou durante a semana os erros cometidos e saben o que deben facer este domingo, coa certeza de que será un encontro totalmente distinto. “Somos novos, ás veces imos cometer erros, pero temos unha fe enorme en que non será un domingo calquera”, dixo Yago Igrexas.

Doutra banda, en canto ao rival, contou que manexan dous rexistros, un 4-3-3 e un 5-3-2, aínda que neste último caso só en campos pequenos. Se Yago fose o seu adestrador, comentou que non iría expor, pero tamén deixou claro que a súa identidade está moi definida. “Xogan desde atrás, teñen xente de medio campo para adiante con moita velocidade e calidade e temos claro que non os podemos deixar respirar”, remarcou ante os medios.

Por tanto, o Compos será un equipo distinto e no once inicial tamén haberá cambios, polo menos co cambio de Uña por Cardeñosa, debido á sanción por acumulación de cartóns deste último. Se estará Santi, quen xa adestrou con todo o grupo, do mesmo xeito que os tocados por molestias musculares.

Todos queren estar entre o once de inicio e os que salten ao campo adestrarán moi motivados para sacar un resultado que lles do pase á final. Será un duelo a vida ou morte que comezará xa nos arredores co recibimento ao equipo ás 18.15 horas.

A cidade debe involucrarse, San Lázaro ser un fortín e o equipo facer o que sabe para que este domingo, non sexa un domingo calquera. Todos deben crer na remontada, porque con estes xogadores é posible.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.