Viaxe a Salamanca e entradas do Helmántico

12 de Xuño de 2018

Viaxe-Salamanca-Seguidores

Santiago de Compostela, a 12 de Xuño de 2018.

A SD Compostela e o Concello de Santiago colaboraron para que os afeccionados branquiazuis teñan facilidades para asistir este domingo ás 12.00 horas ao partido de ida da Final do Playoff de Ascenso á Segunda B, que se disputará no Estadio Helmántico de Salamanca.

Así, nas oficinas do club, os interesados poderán comprar a entrada para o encontro xunto coa viaxe, subvencionado por ambas entidades. O prezo para adulto é de 20 € e para menores de 10 € e nel inclúese o traxecto de ida e volta, así como a entrada ao duelo.

Poden unirse a esta viaxe tanto socios coma non socios e habilitaranse os autocares que fagan falta para levar a todos os interesados. A saída será ás 5.00 horas do domingo desde San Lázaro e a volta ao remate do partido.

Ademais, nas propias oficinas, os nosos seguidores tamén poderán comprar a entrada para o encontro do Helmántico. O prezo é de 10 € para adultos e gratis para menores de idade. Estes prezos só se poden conseguir en Santiago, despois do acordo asinado entre ambos clubs. No Estadio da cidade charra, as entradas custarán o dobre.

Para adquirir ambas ofertas, sexa autobús e entrada ou só a entrada, os afeccionados deben facelo o xoves e o venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Ese mesmo día tamén teremos xa á venda as entradas para o partido de volta de San Lázaro, que se disputará o domingo 24 ás 19.00 horas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.