Rubén: “Esperamos darlle unha alegría á afección que viaxe”

13 de Xuño de 2018
  • O extremo espera un partido aberto e lograr algún gol no Helmántico

Santiago de Compostela, a 13 de Xuño de 2018.

Rubén Martínez xogou o domingo pasado un dos mellores partidos da súa vida. O extremo entrou no once a última hora, pero tivo un gran rendemento na hora na que estivo no campo, por iso é polo que a mércores sigue cun sorriso de orella a orella.

“Gustoume entrar doutra maneira, porque non é de gusto saír por un compañeiro lesionado e máis sendo Róber, que é tan importante para o equipo, pero tiven a oportunidade e sabía que tiña que aproveitala, dino todo, e creo que o fixen ben”, explicou Rubén.

Ademais do gran partido, o extremo aínda non se cre o que viviron en San Lázaro. “Nin nos soños podía estar na miña cabeza o que vivimos, o ambiente, o recibimento e a alegría do final, foi algo novo para min e encantoume”, sinalou.

Con todo, tras dous días de descanso e aínda que hoxe parou por precaución, o equipo xa ten en mente o partido do domingo. Así, Yago Iglesias xa lles deu as primeiras instrucións para esta nova eliminatoria. Rubén destacou da mensaxe do técnico que teñan tranquilidade, que só pensen no domingo e que tenten sacar un bo resultado.

Malia que aínda non recibiron ningunha sesión de vídeo, cada xogador fixo as súas pescudas pola súa conta e a conclusión á que chega Rubén é que son “un equipo moi perigoso, que no seu campo mete moita xente, capaces de non perderlle nunca a cara ao partido, metendo sempre goles”. Ademais, engadiu que arriba teñen xogadores moi rápidos e perigosos, con xente de superior categoría. “Quedou cuarto, pero eliminou a un primeiro, polo que será duro”, sentenciou Rubén.

Por esta razón, o xogador cre que se decidirá todo nos pequenos detalles e que deben aprender da viaxe a Terrassa. “Esperamos un partido aberto, o que é mellor para nós, no que debemos tentar lograr algún gol e se podemos alcanzar a vitoria, mellor que mellor”, argumentou.

Para lograla, o equipo espera contar co maior apoio posible na bancada, co que se alegran de que sexa un desprazamento próximo. “Esperamos darlles unha alegría igual que o domingo”, dixo.

Por último, no plano persoal, Rubén dará o máximo no que lle toque xogar. “Estou para o que diga o míster, darei todo o intre que me poña, porque agora mesmo estamos todos ao 100 % e salga quen salga facémolo todos ben”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Centro de Deportes Barco ⚽️ Previa do noso técnico antes do encontro deste domingo, ás 17:00 horas en Calabagueiros, primeiro da segunda volta#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris amplía o seu contrato ata 2027!🤝 O mediocentro terá ficha de primeiro equipo e portará o dorsal '1⃣6⃣'𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2026/01/22/goris-amplia-contrato-compos-2027/#goris2027 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
2️⃣5️⃣0️⃣ partidos e sumandoO noso capitán, Samu Rodríguez, xa superou os 250 partidos disputados coa camiseta branquiazul, repartidos nas últimas 10 tempadasEste pasado domingo quixemos homenaxealo cunha camiseta conmemorativa, entregada polo seu paiParabéns, Samu! Por moitos máis! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Queremos seguir coa boa dinámica!⚽️ 𝐗𝟏𝟖🆚 Centro de Deportes Barco 🗓️ Domingo, 25 de xaneiro🕔 17:00 horas🏟️ Calabagueiros🎫 12€Este domingo, iniciamos a 2ª volta, no Barco de Valdeorras! 🙌#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comezo da semana con dúas xornadas de descanso🏟️ Os nosos volverán ao traballo o mércores para preparar o inicio da 2ª volta coa visita ao Barco#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.