Uña: “O Salmatino non é un cuarto calquera, hai que ter coidado con el”

14 de Xuño de 2018
Uña coa camiseta de Peregrinando Cara Un Soño.
Uña coa camiseta de Peregrinando Cara Un Soño.
  • O central agarda moita afección do Compos no Helmántico

Santiago de Compostela, a 14 de Xuño de 2018.

Curtido en equipos de Castela e León e do resto de España, David Uña é un dos xogadores da SD Compostela que máis futbolistas coñece do CF Salmantino UDS. Non coincidiu con ningún, pero si algúns dos seus compañeiros e tamén se enfrontou a varios.

O central madrileño, como voz máis que autorizada, pasou revista esta mañá á eliminatoria que comezará este domingo ás 12.00 horas no Estadio Helmántico. Valorou como chega o equipo tras o subidón do outro día e analizou ao próximo rival.

“Xa pasou a euforia tras dous días de descanso, polo que temos que pensar xa no domingo. Non conseguimos nada aínda, falta o premio gordo, como di Yago”, comentou Uña.

Aínda así, o central lembrou que o vivido en San Lázaro contra o Terrassa FC foi inesquecible, algo que nunca vivira. “Despois do recibimento, cando entramos ao vestiario, mirámonos e dixemos imos xa 1-0, temos que lograr a remontada. No partido, tamén se deu todo perfecto, marcando en momentos ideais e sabendo defender cando nos tocou”, detallou un xogador que volveu á titularidade neste encontro.

Precisamente, do seu papel no equipo, Uña explicou que esperará ao domingo para saber o que diga o técnico, pero toque o que toque, achegará o máximo. “Son un home de equipo, se me saca 5 ou 90, ou mesmo non xogo, vou dar o 100 % e axudar no máximo que poida aos meus compañeiros, porque salga quen salga farao de dez”, expresou demostrando a súa gran humildade e engadiu: “Durante a tempada fomos rotando os centrais, pero no playoff confiou en Carde e Casas, o que é normal porque o están facendo moi ben. A min tócame traballar para complicarlle as cousas ao míster”.

Sexa xogando ou non, Uña está contento co rival que lles tocou, non pola súa dificultade, senón polo desprazamento. “É o rival máis próximo que nos podía tocar. Espero moita afección o domingo do Compos no Helmántico, igual que virán despois moita xente deles, polo que será unha eliminatoria que todo o mundo quere xogar”, confesou.

Con todo, o central advertiu que “non é un cuarto calquera, vén de eliminar a un segundo e a un primeiro e hai que ter moito coidado con el”. Nas súas primeiras procuras, Uña sacou a conclusión de que son “un equipo con xente arriba por banda moi rápida e dous dianteiros, como Murci e Órtiz, doutra categoría e que nos farán sufrir moito”.

Por esta razón, para lograr o ansiado ascenso, Uña cre que é vital “sacar un bo resultado na ida, marcando algún gol, para logo sentenciar a eliminatoria en San Lázaro”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Miguel Prado, xerarquía e seguridade para a defensa do Compos ⚽️ O central asturiano, con ampla experiencia na categoría, chega tras tres grandes tempadas no Ourense CF, cun ascenso e dúas campañas en Primeira Federaciónℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/15/miguel-prado-fichaxe-compos-26-27/#benvidomiguelprado ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
Valín non continuará na SD Compostela👉 O club agradécelle o seu traballo e compromiso para conseguir o ascenso á Segunda FederaciónMoita sorte para o futuro!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
▶️⚽️ O Compos 26/27 xa está en marcha👉 Os nosos iniciaron hoxe a pretempada coa nova dirección de Carlos de Lerma🗓️ Comezan oito semanas de preparación para o inicio da competición#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Jordan Sánchez volve á súa casa para cabalgar a banda do Vero Boquete ⚽️ O defensor, tras dez tempadas na Segunda B e Primeira Federación, vivirá a súa segunda etapa no Compos, onde xogou 100 partidos en tres cursos e medioℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/14/jordan-sanchez-regreso-compos-26-27/#benvidojordan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Mario Hermo está de volta na SD Compostela ⚽️ Tras dous cursos no Deportivo, cun título de División de Honra e un ascenso á Primeira Federación, o noso canteirán seguirá medrando no Compos, contribuíndo con esforzo, ambición e calidadeℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/14/mario-hermo-fichaxe-compos-26-27/#benvidomariohermo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.