Yago Iglesias e o corpo técnico renovan por unha tempada

28 de Xuño de 2018

Santiago de Compostela, a 28 de Xuño de 2018.

Yago Iglesias Estepa seguirá á fronte da SD Compostela unha tempada máis. O adestrador ribeirense cumprirá a súa terceira campaña dirixindo un proxecto que se lle encomendou fai dous veráns para devolver, a medio-longo prazo, ao Compos ao lugar no que merece estar. Xunto a el, seguirán da súa man o seu corpo técnico formado por Rodrigo Veiga, Álex Otero e Pablo Castro.

Tanto o club como o adestrador manifestaran, en semanas anteriores, o seu desexo de manterse ligados e a firma chegou esta tarde, catro días despois da cruel derrota na Final do Playoff de Ascenso contra o Salmantino.

Con esta decisión, a directiva da SD Compostela comeza asentando as bases do seu gran proxecto, asegurando ao capitán do barco. Yago demostrou durante estas dúas tempadas a súa capacidade de liderado nun grupo formado por xente nova, que se está gañando un nome na categoría, e que destaca polo bo trato do balón.

Tras un primeiro ano no que se asentaron os cimentos dese proxecto con xogadores da casa e para a xente de aquí, neste segundo curso, Yago Iglesias levou ao  Compos a gañar a liga do grupo 1 da Terceira División, deixando marcas históricas, e a loitar ata o último segundo polo ascenso de categoría.

Trala firma, o técnico mostrouse moi feliz por seguir liderando esta camada de xogadores. “Estou moi contento de continuar liderando o proxecto do club o ano que ven e de seguir dando pasos cara a  diante da man, club e corpo técnico!!”, asegurou.

O próximo curso, San Lázaro verá correr de novo ao adestrador pola banda, nunha tempada na que queremos seguir apostando por esta base formada fai dous veráns. Para alcanzar as metas deste ano, será tamén moi importante a implicación da cidade, como nos últimos meses. Con Yago ao temón, seguimos peregrinando cara un soño.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.