25 de xuño, Día 1 da segunda etapa deste proxecto na súa peregrinación cara un soño

25 de Xuño de 2018

Santiago de Compostela, a 25 de Xuño de 2018.

“…xa sexa en Primera ou en Terceira División”, reza un dos cánticos múltiples cánticos da SD Compostela. Onte, en San Lázaro, esta afirmación cumpriuse máis que nunca. Máis de 7.000 gorxas alentaron aos nosos xogadores para lograr ese ansiado ascenso, pero non puido ser. Foi un dos días máis fermosos, por todo o ambiente, pero á vez máis tristes, no que sufrimos a cara máis amarga do chamado deporte rei.

Este deporte chamado fútbol mobilizou a toda a cidade de Santiago este 24 de xuño, día de San Xoán. Na noite máis especial, coas cacharelas, din que se botan as meigas fóra, pero semella que algunha quedou para evitar que este equipo conseguise perforar a portería rival nalgunha ocasión.

Pese ao enorme esforzo duns xogadores que honraron a camiseta que visten, dun corpo técnico que buscou mil e unha alternativas e un San Lázaro a rebentar, como había tempo que non se vía, a fortuna quixo que un solitario tanto de Garban evitase que os branquiazuis celebrasen un merecido ascenso.

Foi un pau duro, un golpe forte, pero se algo ten este club é que se sabe levantar cando peor pintan as cousas. Certo é que non se logrou o ascenso, pero non se pode xulgar unha tempada por un único partido ou un gol.

Estes xogadores que onte se laiaban no campo, derrubados pola dor de non conseguir o seu obxectivo, fixeron unha grandísima tempada, cun campionato de liga incontestable, no que acadaron récords inimaxinables, e un playoff no que non obtiveron ese premio que tanto merecían, pero no que se deixaron a pel ata o último segundo da final.

Ese esforzo foi honrado pola afección, xa non so onte, senón neste último mes e medio. A gran labor feita durante todo o ano, así como o esforzo en cada encontro, levou ao equipo a enganchar a toda a cidade. O ambiente de onte, ou do día contra o Espanyol ou Terrassa, é un premio ao traballo ben feito durante o curso, pero non debe quedar aí.

Hai dous veráns, o club decidía apostar por Yago Iglesias para comandar un novo proxecto na Terceira División co obxectivo de devolver a medio ou longo prazo a posición onde merece estar esta entidade, pero sempre a través de xogadores novos, da casa e para a xente de aquí.

Dous anos máis tarde, ese proxecto, guiado por Yago e o seu corpo técnico, está integrado por uns xogadores cunha media de idade de 23 anos, que mostran un gran trato do balón, buscando o dominio dos partidos a través da posesión, e cunha entrega propia de xogadores veteranos.

Esta vez caeuse na “orilla”, cando parecía que a peregrinación de todo o ano nos ía levar a ese soño, pero toca levantarse máis fortes e repoñer forzas para unha segunda etapa deste camiño. Esta segunda fase da peregrinación comeza hoxe mesmo e para ela debemos seguir encamiñándonos a este proxecto tan ilusionante.

Das derrotas tamén se aprende, polo que xogadores, corpo técnico, directiva e afección debemos axudarnos deste episodio para guiar a este club a unha nova xesta histórica. Vos sodes o pulmón que lle da ese plus de forza no campo a uns xogadores que xa coñecemos e que se encargarán de facer triunfar este proxecto.

Xuntos, cunha forza tan grande como a mostrada este mes e medio, o equipo volverá a onde merece. Dende o primeiro ata o último, necesitámosvos a todos nesta continuación da peregrinación.

Hoxe, luns 25 de xuño, é o Día 1 no que este proxecto arrinca a segunda etapa desta peregrinación cara un soño.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.