O partido das nosas vidas

23 de Xuño de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/NqE32MJbA6Y” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Os branquiazuis contan as horas para que chegue un domingo que non será calquera

  • Yago Iglesias instou á xente a que non deixe de animar porque serán o motor para o equipo

Santiago de Compostela, a 23 de Xuño de 2018.

Chegou o día. Faltan horas para vivir a gran Final do Ascenso á Segunda  B e a cidade está envorcada cun equipo que peregrinou por un soño durante toda a tempada e que está un só paso de conseguilo. San Lázaro atronará como en tempos de outrora para apoiar a uns xogadores que se deixarán a pel no campo, suando a camiseta que visten, por alcanzar o ansiado salto de categoría.

O partido comezará ás 17.15 horas co recibimento que ten preparado o club, xunto cos seus seguidores, para demostrarlle o agarimo e o último apoio antes de que entren ao campo. Despois, o campo lucirá unha entrada espectacular, con catro bancadas abertas, cheo de branquiazuis que se deixarán a voz para alentar aos seus xogadores.

“Non podemos máis que agradecer á xente o apoio das últimas semanas. O sentir do grupo é que se debe como consecuencia de facer as cousas ben. Engancharon á xente polo bo fútbol realizado, sobre todo en casa, por gañar a liga, pero, sobre todo, por dar a cara en todos os partidos, que é o que demanda a afección, 16 ou 18 xogadores que se deixen a alma no campo”, analizou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Por esta razón, o técnico asegurou que “todo o que veña a San Lázaro verá un Compostela entregado”, polo que instou á afección a que “non deixen de animar ata que o árbitro pite o final, porque serán o noso motor xa desde a previa”.

Con ganas de vivilo, os xogadores chegan ao 100 % e será Yago o que teña que decidir entre os 19 dispoñibles, xa que Naveira está sancionado. Entre todos, tralos adestramentos da semana, a premisa está clara e é que a palabra que define ao partido para conseguir o obxectivo, que non é outro que acabar a eliminatoria co ascenso, é, segundo o adestrador branquiazul, o control do xogo.

“O Salmantino atopouse moi cómodo na segunda parte cando o partido rompeu, axudados polo ida e volta. Mentres, nós, na primeira, estivemos cómodos coa pelota e aí está a clave, ser o equipo de casa, que somete ao rival e a idea é esa”, argumentou.

Con todo, o técnico advertiu que “é imposible nun equipo de Terceira División ter o dominio durante os 90 minutos, polo que cando non o teñamos, temos que ser fortes a nivel defensivo, xuntar liñas e que non nos fagan dano cos balóns por alto”.

Nese aspecto, Yago comentou que o domingo pasado, “todas as disputas gañáronas, o que lles favorece para poder correr cos segundos balóns. É o que fan moi ben e temos que tentar contrarrestalo”.

Para respoder a este poderío do Salmantino e aproveitar o apoio da afección, Yago Iglesias sinalou que, cando o árbitro pite, hai que ter o corazón quente, pero a cabeza fría. “Queremos sentir o apoio e iso é o que nos dará forzas para facer o fútbol que queremos, pero tamén a cabeza fría para centrarnos na tarefa e tomalo coa maior normalidade, aínda que a afección será un plus sempre”, concluíu Yago.

As cartas están xa botadas e o equipo xa descansa pensando nunha tarde na que loitarán para que non sexa un domingo calquera. Queda un paso para lograr un fito histórico na SD Compostela, para lograr ese soño polo que levamos peregrinando. San Lázaro ten que estar a rebentar, no partido das nosas vidas.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
Descanse en paz, José María CanedaGrazas por facer realidade o soño da nosa cidade, levando a túa SD Compostela ao máis altoSempre estarás nos nosos corazóns 🖤 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
SD Compostela ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🙌 𝐑𝐄𝐍𝐎𝐕𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 🩵🤍💪 Roque seguirá un ano máis defendendo a camiseta da SD Compostela⚽️ O canteirán renovou o seu contrato ata 2025𝐑𝐨𝐪𝐮𝐞 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2024/06/21/roque-canterano-renovacion-compos/#roque2025 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🙌 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄 🩵🤍💪 Santi de Prado está de volta! A SD Compostela 24.25 refórzase cun correcamiños para a banda⚽️ Regresa ao Compos para seguir co seu crecemento tras unha sensacional campaña na UD Ourense 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐚𝐝𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2024/06/20/santi-de-prado-fichaje-sd-compostela/#benvidosantideprado ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 days ago

SD Compostela
🙌 𝐑𝐄𝐍𝐎𝐕𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 🩵🤍💪 Gonzalo Landeira ascende ao primeiro plantel do Compos para a Tempada 24.25⚽️ O mediocentro da Canteira Picheleira amplía tamén o seu contrato ata 2025𝐋𝐚𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2024/06/19/landeira-canteira-picheleira-compos/#gonzalolandeira2025 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.