O partido das nosas vidas

23 de Xuño de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/NqE32MJbA6Y” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Os branquiazuis contan as horas para que chegue un domingo que non será calquera

  • Yago Iglesias instou á xente a que non deixe de animar porque serán o motor para o equipo

Santiago de Compostela, a 23 de Xuño de 2018.

Chegou o día. Faltan horas para vivir a gran Final do Ascenso á Segunda  B e a cidade está envorcada cun equipo que peregrinou por un soño durante toda a tempada e que está un só paso de conseguilo. San Lázaro atronará como en tempos de outrora para apoiar a uns xogadores que se deixarán a pel no campo, suando a camiseta que visten, por alcanzar o ansiado salto de categoría.

O partido comezará ás 17.15 horas co recibimento que ten preparado o club, xunto cos seus seguidores, para demostrarlle o agarimo e o último apoio antes de que entren ao campo. Despois, o campo lucirá unha entrada espectacular, con catro bancadas abertas, cheo de branquiazuis que se deixarán a voz para alentar aos seus xogadores.

“Non podemos máis que agradecer á xente o apoio das últimas semanas. O sentir do grupo é que se debe como consecuencia de facer as cousas ben. Engancharon á xente polo bo fútbol realizado, sobre todo en casa, por gañar a liga, pero, sobre todo, por dar a cara en todos os partidos, que é o que demanda a afección, 16 ou 18 xogadores que se deixen a alma no campo”, analizou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Por esta razón, o técnico asegurou que “todo o que veña a San Lázaro verá un Compostela entregado”, polo que instou á afección a que “non deixen de animar ata que o árbitro pite o final, porque serán o noso motor xa desde a previa”.

Con ganas de vivilo, os xogadores chegan ao 100 % e será Yago o que teña que decidir entre os 19 dispoñibles, xa que Naveira está sancionado. Entre todos, tralos adestramentos da semana, a premisa está clara e é que a palabra que define ao partido para conseguir o obxectivo, que non é outro que acabar a eliminatoria co ascenso, é, segundo o adestrador branquiazul, o control do xogo.

“O Salmantino atopouse moi cómodo na segunda parte cando o partido rompeu, axudados polo ida e volta. Mentres, nós, na primeira, estivemos cómodos coa pelota e aí está a clave, ser o equipo de casa, que somete ao rival e a idea é esa”, argumentou.

Con todo, o técnico advertiu que “é imposible nun equipo de Terceira División ter o dominio durante os 90 minutos, polo que cando non o teñamos, temos que ser fortes a nivel defensivo, xuntar liñas e que non nos fagan dano cos balóns por alto”.

Nese aspecto, Yago comentou que o domingo pasado, “todas as disputas gañáronas, o que lles favorece para poder correr cos segundos balóns. É o que fan moi ben e temos que tentar contrarrestalo”.

Para respoder a este poderío do Salmantino e aproveitar o apoio da afección, Yago Iglesias sinalou que, cando o árbitro pite, hai que ter o corazón quente, pero a cabeza fría. “Queremos sentir o apoio e iso é o que nos dará forzas para facer o fútbol que queremos, pero tamén a cabeza fría para centrarnos na tarefa e tomalo coa maior normalidade, aínda que a afección será un plus sempre”, concluíu Yago.

As cartas están xa botadas e o equipo xa descansa pensando nunha tarde na que loitarán para que non sexa un domingo calquera. Queda un paso para lograr un fito histórico na SD Compostela, para lograr ese soño polo que levamos peregrinando. San Lázaro ten que estar a rebentar, no partido das nosas vidas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.