Información para o domingo sobre entradas, portas de acceso e seguridade

22 de Xuño de 2018

Santiago de Compostela, a 22 de Xuño de 2018.

O domingo, día de partido, tanto as oficinas do club como as billeteiras (Número 1 e 4) abrirán ás 17.30 horas, unha hora e media antes do asubío inicial. As oficinas tamén estarán abertas mañá sábado, de 11.00 a 13.00 horas.

Os abonados que desexen retirar a súa entrada o día de partido terán que facelo nas oficinas do club, xa que as billeteiras 1 e 4 estarán só dispoñibles para NON abonados. Con esta medida búscase evitar a aglomeración de xente nun único punto do campo, razón pola cal tamén recomendamos acudir a San Lázaro con tempo de adianto, máis nunha final que aglomerará a tanta xente no noso fortín.

Para os afeccionados que teñen a súa entrada para a bancada de Tribuna, abriremos as portas 2 e 16. A primeira delas está á beira da billeteira 1 e a segunda á beira da billeteira 4 e das oficinas, polo que facilitamos, deste xeito, o acceso, tanto duns como doutros.

Para as persoas que vaian á bancada de Preferencia, a súa porta de acceso será a 9 ou a 10.

Mentres, para os afeccionados que asistan á bancada de Fondo de Sur, a porta de acceso será a 13.

Para NON abonados, xa non quedan entradas para Tribuna e estase completando o aforamento da bancada de Preferencia. As entradas para Fondo Sur non se venderán ata encher Preferencia e o prezo será o mesmo que para as outras zonas do campo.

Para os afeccionados visitantes, estarán situado no Fondo Norte e a súa porta de acceso será a 6. Os autobuses que cheguen desde Salamanca estarán albergados na baixada de Casas Novoa, nunha zona acordoada polas autoridades policiais.

Por último, a porta de acceso para o palco de honra e para os medios de comunicación será, como habitualmente, a porta 1.

Por este mesmo acceso, ás 17.15 horas, realizarase o recibimento ao equipo, no que esperamos contar coa maior cantidade de seguidores branquiazuis, posible. Esta chegada estará acompañada por dúas charangas, a  BB+ e Os  Druídas.

Seguridade

Dentro do dispositivo de seguridade montado para este partido, en cada unha das portas de acceso haberá policía, controladores de acceso e vixiantes, polo que se realizarán cacheos no control de seguridade de acceso á bancada.

Queda totalmente prohibida: a introdución de calquera obxecto superior a 500 gramos que poida ser arroxado ao campo, introducir petardos, bengalas ou explosivos, introducir calquera tipo de bebida alcohólica, introducir ou portar calquera tipo de arma, introducir ou exhibir calquera tipo de pancarta que inciten á violencia, participar en altercados ou pelexas, irromper no terreo de xogo ou realizar cánticos, expresións, sons ou actitudes que inciten á violencia ou ao terrorismo.

Se sucede algunha destas circunstancias, a federación multaría ao club e ao afeccionado implicado e a policía expulsaríao inmediatamente do campo.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Miguel Prado, xerarquía e seguridade para a defensa do Compos ⚽️ O central asturiano, con ampla experiencia na categoría, chega tras tres grandes tempadas no Ourense CF, cun ascenso e dúas campañas en Primeira Federaciónℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/15/miguel-prado-fichaxe-compos-26-27/#benvidomiguelprado ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
Valín non continuará na SD Compostela👉 O club agradécelle o seu traballo e compromiso para conseguir o ascenso á Segunda FederaciónMoita sorte para o futuro!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
▶️⚽️ O Compos 26/27 xa está en marcha👉 Os nosos iniciaron hoxe a pretempada coa nova dirección de Carlos de Lerma🗓️ Comezan oito semanas de preparación para o inicio da competición#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Jordan Sánchez volve á súa casa para cabalgar a banda do Vero Boquete ⚽️ O defensor, tras dez tempadas na Segunda B e Primeira Federación, vivirá a súa segunda etapa no Compos, onde xogou 100 partidos en tres cursos e medioℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/14/jordan-sanchez-regreso-compos-26-27/#benvidojordan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Mario Hermo está de volta na SD Compostela ⚽️ Tras dous cursos no Deportivo, cun título de División de Honra e un ascenso á Primeira Federación, o noso canteirán seguirá medrando no Compos, contribuíndo con esforzo, ambición e calidadeℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/14/mario-hermo-fichaxe-compos-26-27/#benvidomariohermo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.