Róber: “Imos necesitar á nosa xente para que San Lázaro estea a tope”

21 de Xuño de 2018
  • O porriñés asegura que a clave será ser protagonistas co balón, do mesmo xeito que durante a tempada

Santiago de Compostela, a 21 de Xuño de 2018.

A única baixa da SD Compostela para a volta contra o CF Salmantino UDS será a de Naveira e é que Róber Fernández, tras a súa ausencia no Helmántico, volve estar ao 100 % para poder disputar os minutos que considere oportunos o adestrador. O porriñés adestrou onte e hoxe co grupo, cunhas sensacións moi satisfactorias.

“Sabiamos que os prazos eran estes, empezando a adestrar o mércores, deuse ben e agora se non hai ningún contratempo poderei xogar, se Yago quere”, explicou o extremo. O outro día, en Salamanca, ao non poder xogar di que o pasou mal, peor que estando no campo, por iso desexa tanto volver sentirse de curto. “O outro día paseino mal desde fóra, sobre todo na segunda parte, onde houbo moitos nervios, moita tensión, pero ao final conseguimos manter o empate”, comentou.

Ademais, chegado a este punto, unha final a 90 minutos, Róber asegura que xa non vale a pena reservarse. “Contra o Terrassa xa era moi importante para nós, tenteino ata o final, porque sempre queres dar todo, aínda que teñas unha pequena molestia, pero non puiden, e agora máis aínda porque ao acabar este partido, termina todo”, asegurou.

Precisamente, por isto último, a semana está a facerse un pouco máis longa, segundo comentan os xogadores. “Temos moita ilusión, moitas ganas de que chegue o domingo, facer un gran partido e lograr o obxectivo, que non é outro que o Compos suba”, sentenciou o porriñés.

En canto ao rival, Róber destacou ao Salmantino como “un equipo cunhas individualidades moi grandes, con xogadores con moita experiencia en Segunda B e en Terceira, que xoga directo de inicio, a gañar os segundos balóns, moi físicos, que se lle deixas un encontro de ida e volta son moi perigosos, pero que, se teñen que correr detrás da pelota en campo propio, sofren, e ese será o noso obxectivo”, analizou.

Por esta razón, a clave para o extremo é “ter o balón en campo rival e crear xogadas para finalizalas, evitando que nola rouben e monten contras”. Nese aspecto, non poden fiarse e cre que deben “saír a gañar o partido, a marcar gol, porque é o que levamos facendo todo o ano e se nos metemos atrás, pode ser unha arma de dobre fío”, argumentou, ao que engadiu que: “Sairán moi fortes a meter o seu gol tamén, polo que se levamos todo o ano sendo protagonistas, tendo a pelota, chegando a campo rival e facendo goles, cremos que iso é o que temos que tentar o domingo, para levar a eliminatoria máis tranquila, en caso de marcar gol”.

Por último, en canta ao público que virá San Lázaro sinalou que o outro día xa había moita xente en Salamanca, polo que supoñían que aquí tamén viría moita de alá. Da do Compos, “contra o Terrassa xa metemos a moitas persoas, animando desde o primeiro minuto e ímola necesitar este domingo tamén para que San Lázaro estea a tope”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
💙 Queremos felicitar ao noso 🧙‍♂️ de Monterroso, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬, que esta semana foi pai dunha nena!!! 👶🫶 Parabéns, familia!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.