Sobrido: “Temos ganas de dalo todo o domingo e lograr polo que levamos traballando todo o ano”

20 de Xuño de 2018
  • O extremo espera que a afección sexa o xogador número 12 como o día do Terrassa

Santiago de Compostela, a 20 de Xuño de 2018.

Pasan os días e cada vez está máis preto a final do Playoff de Ascenso á Segunda B contra o CF Salmantino UDS. O equipo realizou esta tarde o segundo adestramento da semana e vese con ganas para afrontar o decisivo encontro do domingo.

Do mesmo xeito que os seus compañeiros, José Sobrido está moi motivado no seu primeiro playoff por lograr ese ansiado ascenso. Despois de contar cos seus primeiros minutos na ida desta última eliminatoria, buscará repetir experiencia en San Lázaro. “Estamos moi activos de cara ao domingo, con ganas de dalo todo e conseguir polo que levamos traballando todo o ano”, asegurou en rolda de prensa.

O equipo xa viu hoxe vídeos do rival, sobre os erros e acertos do último encontro, unha tarefa coa que seguirán mañá. “Antes de adestrar vimos uns vídeos, os fallos que tivemos, e mañá tocará ver o que fixemos ben ou mal en ataque”, confesou.

Con todo, o plantel ten claro que o Salmantino é un equipo que pasou as eliminatorias nos últimos minutos, “un conxunto que está centrado ata o final e a tope, polo que hai que ter coidado”, advertiu o extremo ribeirense. Por iso, do mesmo xeito que Casas, Sobrido sinalou a importancia de ter a cabeza fría. “Haberá moita xente, pero debemos centrarnos no importante, sen estar demasiado excitados para que saian ben as cousas”. Neste aspecto, coidar os detalles será imprescindible, xa que en calquera fallo pode chegar un gol do rival.

Por eses pequenos momentos pasará o futuro dun ou doutro, polo que o equipo tentará “manexar ao rival coa pelota, porque a ida e volta pódenos complicar, xa que son moi físicos e nas disputas son máis fortes e, por exemplo, de aí vén o seu gol o outro día”, analizou Sobrido.

A pesar da relevancia do encontro, o equipo está, di o extremo, “moi concienciado de que imos gañar, cos nervios, porque é o normal, pero tendo claro que xogando ao noso fútbol lograremos a vitoria”.

Ademais, o ribeirense convida á xente a que asista a San Lázaro, xa que a súa axuda será vital para lograr o obxectivo. “O día do Terrassa xa foi incrible e agora pode vir mesmo máis xente e iso encántanos, porque entras ao campo con máis motivación. Esa boa actitude da xente transmítese a ti e dános ese plus necesario”, argumentou Sobrido que engadiu: “Canta máis xente veña mellor. Serán, sen dúbida, o xogador número 12. É impresionante ver así o campo nun ascenso á Segunda B”.

Por último, no aspecto persoal, Sobrido, que está no seu primeiro ano sénior, valora a experiencia en Santiago como “un anazo, logrando con este club a liga e gozando do playoff, algo moi grande que me serve de máster para aprender para a miña carreira.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.