Josiño Filgueira, primeira fichaxe da SD Compostela

30 de Xuño de 2018

Josiño-Filgueira

  • O mediapunta de 21 anos xogou a pasada tempada no CD Ribadumia

Santiago de Compostela, a 29 de Xuño de 2018.

Jose Filgueira Pazos é a primeira fichaxe da SD Compostela para a tempada 18-19. O futbolista de Bueu, de 21 anos, firma por un curso coa entidade branquiazul, coa que tentará dar outro salto máis na súa carreira deportiva.

O xogador chega procedente do CD Ribadumia, onde a tempada pasada participou nun total de 33 partidos, 31 deles de titular. No seu segundo ano en categoría sénior, Josiño Filgueira superou os 2.700 minutos de xogo, nos que anotou oito goles e axudou a que o seu club terminase nunha cómoda posición na táboa.

Anteriormente, Jose Filgueira, que pode actuar tanto por dentro como por fóra na zona de tres cuartos, pasou a profesionais no Villalonga FC, cos que callou un gran curso no equipo revelación da Terceira Galega. A nivel individual, disputou 32 partidos, 25 no once inicial, e anotou 5 tantos.

Canteirán do Pontevedra CF e do RC Deportivo, responde as características do proxecto branquiazul, creado hai dous anos para peregrinar cara a un soño. Xogador novo, cunha enorme proxección e que destaca pola súa habilidade co balón, a súa gran calidade, con último pase, dinámico e versátil, xa que pode xogar por dentro ou por banda.

Con Josiño, son sete os xogadores que xa teñen contrato para a próxima campaña. O xogador de Bueu únese a Sergio Pereira, Álvaro Casas, Naveira, Mon Vives, Alberto Freire e Ube.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.