Saro e Samu, dous puntais que renovan co club

2 de Xullo de 2018

Samu Ourense

  • O lateral e o mediocentro amplían un ano a súa vinculación co Compos

Santiago de Compostela, a 2 de Xullo de 2018.

Cesáreo Seoane Mella ‘Saro’ e Samuel Rodríguez Noya ‘Samu’ renovan o seu contrato coa SD Compostela por un ano máis. Ambos xogadores seguirán vinculados a un proxecto ao que se uniron hai dous anos e no que foron parte fundamental nel.

Ambos, un de Santiago e outro de Bembibre -Dubra-, creceron durante estes dous anos no club santiagués, con quen disputaron a súa primeira fase de ascenso á Segunda B e desexan seguir superando barreiras dentro dun proxecto con xente de aquí.

Saro Seoane apropiouse durante estas dúas tempadas do lateral dereito do equipo branquiazul, tras chegar procedente do Noia CF de Yago Iglesias. O santiagués, a pesar de contar coa competencia de Sergio Pereira este pasado ano, roldou os 3.000 minutos de competición en ambas tempadas.

Na primeira, o carrileiro destro xogou 35 partidos de liga, dos que 33 foron saíndo de inicio, e nos que conseguiu anotar un gol e repartir numerosas asistencias nas súas continuas subidas pola banda. Este curso, Saro disputou 30 encontros de liga, 27 de titular, aos que sumou os seis duelos completos de playoff. Igualmente, conseguiu meter un tanto e sumou varias asistencias.

Pola súa banda, Samu Rodríguez alternou durante estas dúas tempadas períodos de moita importancia, con outros nos que tivo menos minutos, na posición con maior competencia do equipo. Este curso disputou en liga 25 encontros, dez deles de titular, nos que conseguiu dous tantos, pero no playoff foi unha peza fundamental, saíndo de inicio en cinco dos seis choques e portando o brazalete de capitán en dous deles. Ao final, superou os 2.000 minutos de xogo.

Na súa primeira tempada en Santiago, tras chegar tamén do Noia CF de Yago Iglesias, Samu xogou 19 partidos, con 16 titularidades, para superar o milleiro de minutos en competición, nos que tamén conseguiu marcar dous goles.

Con estas dúas renovacións son xa nove os xogadores que teñen contrato para o próximo curso, oito deles que seguen no club, polo que se segue confirmando a base do proxecto.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🤝 Jessica Fabeiro 🩵🤍O centro de Medicina Estética & Wellness, que está a celebrar o seu 8⃣ aniversario, segue un ano máis ao noso carón e faino tamén patrocinando o partido desta tarde na súa semana especial🙌 Moitas grazas polo voso apoio! 🫂#ComposCéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Con gañas de volver a xogar e a triunfar!🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Anima aos nosos na nosa casa na procura da vitoria! #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Céltiga F.C 🩵🤍 Os nosos para o encontro de mañá ás 18:00 horas na nosa casa👉 Están citados todos os xogadores #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Céltiga F.C ⚽️ Previa do noso adestrador antes do encontro de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.