Yago Iglesias e Antonio Quinterio selan as bases do proxecto en Kia

2 de Xullo de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/2j7WV-7HpvA” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Ambos recalcaron a necesidade de continuar co proxecto e unidos á cidade

Santiago de Compostela, a 2 de Xullo de 2018.

A sede de Kia Compostela Concesionario no Polígono do Tambre foi o lugar elixido pola SD Compostela para selar en público a renovación, por unha tempada máis, do adestrador Yago Iglesias.

No acto estiveron presentes Antonio Quinteiro, presidente do club, Aurelio Novoa, xerente de Compostela Concesionario, e o propio Yago Iglesias, quen analizou a nova tempada que se aveciña e a continuidade dun proxecto que cumprirá o seu terceiro curso.

Antonio Quinteiro, en primeiro lugar, agradeceu a Kia pola axuda na tempada pasada e augurou que continúe esa vinculación para o próximo curso. Ademais, tamén tivo palabras de agarimo para Yago, a quen agradeceu que aceptase a renovación.

O presidente recalcou que non será fácil repetir o logrado o curso pasado, pero recoñeceu que Yago ten a capacidade para seguir guiando a este proxecto, con futbolistas de Santiago, mozos, e para xente de aquí. Lembrou tamén que xogadores e corpo técnico teñen que prepararse para gozar dun premio como é a Copa do Rey.

“Non debemos pensar no feito a tempada pasada. Con constancia e seriedade podemos volver repetilo, pero non será unha esixencia. A clasificación para o playoff é algo necesario e para iso o club apoiará o teu traballo -por Yago- e darémosche os medios necesarios para que o desenvolvas xunto ao corpo técnico”, analizou o mandatario.

Para terminar, remarcou que o club tentará manter esa unión entre equipo e cidade para que as bancadas de San Lázaro se vistan como categorías superiores.

Yago Iglesias agradeceu ao club pola confianza mostrada en todo o corpo técnico. “Hai dous anos que comezou esta peregrinación nun proxecto a medio/longo prazo, estamos a dar pasos firmes, imos polo bo camiño e aínda que o listón está alto, ese puxémolo nós e por iso queremos volver a vivenciar o deste último mes e medio”, argumentou.

Ademais, engadiu que “o club e a cidade deben ir da man e ese é o noso obxectivo, seguir formando a eses mozos xogadores que son importantes na actualidade e máis aínda no futuro”.

No relativo á continuidade dos xogadores que aínda non selaron a súa renovación, Yago dixo que saben que é difícil mantelos despois da tempada que fixeron, aínda que destacou que “a senda do proxecto é clara, desexan que poidan seguir a maioría dos xogadores posibles e niso está a traballar Manu Castiñeiras”.

Por último, Aurelio Novoa comentou que é unha satisfacción colaborar coa SD Compostela, “o equipo emblema na cidade, algo que se mostra en como se viron as bancadas de San Lázaro e seguro que, despois do pasado curso, o ascenso estará aí”.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.