Santi e Uña, dous eixos da columna vertebral que seguirán un ano máis

3 de Xullo de 2018

7. Uña Barbadás

  • O dianteiro e o central viviron un ano no que foron pezas fundamentais para Yago

Santiago de Compostela, a 3 de Xullo de 2018

A SD Compostela segue confeccionando o seu proxecto para o ano que vén coa continuidade da maioría dos xogadores do plantel. O club aposta por manter a maior cantidade de xogadores posible e Santi Gegunde e David Uña serán dous dos que se manteñan no bloque de Yago Iglesias. O dianteiro lucense e o central madrileño renovan a súa vinculación co club por unha tempada máis, na que buscarán finalizar a peregrinación co soño do ascenso.

Ambos xogadores forman parte dunha columna vertebral na que foron pezas fundamentais, tanto no primeiro ano, malia que David Uña chegou no mercado de inverno, como este segundo curso no que estiveron a piques de lograr o ascenso, sendo ambos titulares nesa final, o que demostra o seu papel no proxecto.

Santi Gegunde, tras un primeiro curso no que se destacou como o dianteiro centro referencia, deu un paso atrás esta tempada para realizar labores de mediapunta, xusto por detrás de Primo. A pesar de participar máis na elaboración do xogo, a súa faceta goleadora viuse incrementada, anotando un tanto máis.

No seu primeiro ano en Santiago, tras chegar do CD As Pontes, o dianteiro lucense de 24 anos participou en 31 encontros, vinte deles de titular, nos que conseguiu perforar a portería rival en nove ocasións.

Pola súa banda, esta última campaña, Santi xogou 36 partidos de liga regular, 27 saíndo de inicio, aos que sumou tres duelos de suplente e un de titular no playoff de ascenso. Nesa última fase, Santi tivo que convivir coas molestias dunha escordadura de nocello sufrido no partido contra o CD Arenteiro. Ao final, pechou o curso con 10 goles marcados, entre o que sobresae o logrado desde o centro do campo ante a SD Negreira, e numerosas asistencias para os seus compañeiros.

David Uña, á súa vez, chegou a Compostela no inverno de 2016 procedente do Orihuela CF e desde a súa aterraxe converteuse nun xogador fundamental no eixo da zaga branquiazul. Na súa primeira etapa, o central madrileño disputou quince encontros, todos eles menos un de titular, mentres que nesta segunda campaña aumentou as súas cifras ata os 26 encontros saíndo de inicio, tres dos mesmos no playoff de ascenso. Nesta participación, Uña destacou polo seu poderío cabeceador, anotando tres goles a balón parado no campionato.

Tras quedar a un paso do ascenso, Uña quere axudar á SD Compostela e á cidade, á que lle colleu un gran agarimo, a regresar a unha categoría superior, a cal xa disputou nas filas do Atlético Astorga e o Rayo Vallecano B.

Con estes dous xogadores, son dez os que xa confirmaron a súa continuidade no proxecto santiagués. Santi e Uña súmanse a Sergio Pereira, Saro, Casas, Naveira, Mon, Ube, Alberto Freire e Samu, así como á fichaxe de Josiño Filgueira.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
x24 🆚 Real Racing Club (Rayo Cantabria)🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 23/02🕔 17.00 horas💡 Ojoalvatio Asesoría Energética📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/ 🎯 A facer bo na casa o empate de onte#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️⚽️ Plan de traballo para o regreso ao Vero Boquete contra o Real Racing Club (Rayo Cantabria)#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINAALUM Escobedo 0⃣-0⃣ COMPOS+1⃣ punto!⚽️ Bo partido dos nosos, dominando o encontro, pero sen capacidade para aproveitar as súas ocasións de perigo!🙌 Toca facer bo este empate o próximo domingo na casa!📸 Adriel Sierra#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUM Escobedo 0️⃣-0️⃣ COMPOS Primeira metade moi controlada polos nosos, sen recibir ocasións e buscando o gol ante un rival en bloque baixo#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.