Anxo Pérez, novo porteiro para a SD Compostela 18/19

3 de Xullo de 2018

Anxo Pérez Fichaxe

  • O meta de Negreira ten ficha sub23 e procede do Pontevedra CF

Santiago de Compostela, a 3 de Xullo de 2018

Anxo Pérez Barbazán (Negreira, 8 de Marzo de 1996) será un dos porteiros da SD Compostela para a tempada 18/19. O meta, con ficha sub23, chega procedente do Pontevedra CF e firma por un ano, con opción a un segundo, coa entidade branquiazul.

A pesar dos seus 22 anos, o gardameta ten tres anos de experiencia na Terceira División, na que xogou co RC Deportivo B, ao que suma esta última campaña en Segunda División B.

No seu curso na cidade do Lérez, Anxo apenas disputou un partido de liga, no duelo contra o San Sebastián de los Reyes, malia que si xogou a primeira rolda da Copa do Rey, contra a Ximnástica Segoviana e toda a Copa Federación, na que tivo un papel vital para que o equipo granate acabase conseguindo o título. Así, por exemplo, na final contra o Ontinyent mantivo a portería a cero durante os 180 minutos.

Anteriormente, no filial deportivista, alternou o posto baixo paus cos seus compañeiros de equipo. Disputou o seu primeiro encontro na campaña 14/15, cando aínda era o porteiro do xuvenil de División de Honra e deu o salto definitivo ao ano seguinte. Na 15/16 disputou 22 partidos, vinte deles de titular, participando mesmo na primeira e segunda eliminatoria do playoff de ascenso á Segunda B. En total encaixou 18 tantos e mantivo a porta a cero en seis encontros.

No seguinte curso, Anxo comezou como o porteiro titular, pero cedeu o posto a partir da xornada dez, só volvendo xogar na última cita do campionato. Pechou a tempada con 12 partidos xogados, once de titular, nos que recibiu doce tantos e mantivo a meta a cero en tres deles. As súas boas condicións e as súas actuacións servíronlle para captar a atención de conxuntos de superior categoría e acabar dando o salto nas filas do Pontevedra.

O gardameta encaixa perfectamente nun proxecto con xente nova e de Santiago e comarca, na que compartirá plantel co seu veciño Alberto Freire. Ademais, destaca por ser un meta completo, moi bo baixo os paus e que ten un gran xogo cos pes.

Á súa chegada, Anxo declarou a satisfacción por asinar cun club como a SD Compostela. “Estou moi contento e con moitas ganas de empezar xa a tempada, competir e facer un moi bo ano”, explicou.

O xogador decantouse polo Compos, xa que é “un equipo que gañou a liga, cun proxecto interesante no que pelexará por ascender e cunhas instalacións incribles”, sentenciou.

Coa firma, Anxo Pérez convértese no duodécimo xogador do plantel para a próxima tempada, sumándose aos dez que xa renovaron o seu contrato e á outra fichaxe ata a data, a de Josiño Filgueira.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🤝 Jessica Fabeiro 🩵🤍O centro de Medicina Estética & Wellness, que está a celebrar o seu 8⃣ aniversario, segue un ano máis ao noso carón e faino tamén patrocinando o partido desta tarde na súa semana especial🙌 Moitas grazas polo voso apoio! 🫂#ComposCéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Con gañas de volver a xogar e a triunfar!🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Anima aos nosos na nosa casa na procura da vitoria! #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Céltiga F.C 🩵🤍 Os nosos para o encontro de mañá ás 18:00 horas na nosa casa👉 Están citados todos os xogadores #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Céltiga F.C ⚽️ Previa do noso adestrador antes do encontro de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.