A SD Compostela renova o convenio co Zona Vella

4 de Xullo de 2018
  • O equipo santiagués seguirá como filial do equipo branquiazul un curso máis

Santiago de Compostela, a 4 de Xullo de 2018.

O Zona Vella CF, do grupo 5 da Segunda Nacional, seguirá sendo o filial da SD Compostela durante a tempada 18/19, despois de renovar, por un ano máis, o convenio que vincula a ambas entidades desde o curso pasado.

A directiva do conxunto santiagués de Segunda está a traballar intensamente, coa colaboración de Manuel Castiñeiras, Víctor Pazos e Iván Carril na confección do plantel para a próxima campaña, na que tentarán conseguir o ascenso de categoría.

Con este convenio, o Zona Vella participa activamente no proxecto social da SD Compostela, no que servirá de trampolín para aqueles xogadores que terminaron a súa traxectoria nos xuvenís branquiazuis e dan o salto á categoría sénior. Axudará de formación para que os futbolistas sigan vinculados á nosa entidade e poidan ser requiridos por Yago Iglesias para o primeiro equipo nun futuro.

Ademais, grazas a esta unión, o Compos demostra o seu compromiso coa cidade, ligando a varios dos seus equipos, un lazo do que se esperan sacar grandes resultados. Tamén permite que as cores branquiazuis luzan no emblemático campo de Santa Isabel, un estadio que tantas alegrías deunos en épocas pasadas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.