Cardeñosa e Tomás non seguirán na SD Compostela

9 de Xullo de 2018

Cardeñosa-Marcha Tomás-Abelleira-Marcha

  • Os dous xogadores abandonan o club por diferentes motivos persoais

Santiago de Compostela, a 9 de Xullo de 2018.

O central José Manuel Rodríguez Casáis, Cardeñosa, e o mediocentro Tomás Abelleira Dueñas non seguirán o próximo ano na SD Compostela. Os dous xogadores branquiazuis decidiron non aceptar a proposta de renovación da entidade por diferentes motivos persoais, entre os que se encontra, no caso do primeiro, tamén o tema laboral.

O club quere agradecerlle aos dous o servizo prestado nestes dous anos, un gran traballo que nos levou ata o campionato de liga e á final dun playoff no que estivemos vivos ata o último segundo. Ademais, queremos desexarlles a maior das sortes nas súas novas aventuras. Estamos convencidos de que mostrarán a calidade que atesouran, do mesmo xeito que o fixeron en Santiago.

Deste xeito, o proxecto non poderá contar con dous dos futbolistas con maior protagonismo nos dous últimos cursos. A maiores, coa marcha de Cardeñosa tamén se despide un dos capitáns do grupo.

Cardeñosa chegou fai dous veráns ao Compos procedente do Arosa e nestes dous cursos asentouse no centro da zaga. Na súa primeira tempada disputou 24 encontros, 23 deles de titular, mentres que nesta segunda aumentou os rexistros ata os 35 partidos, catro en playoff, nos que saíu de inicio en todos menos nun. Pecha esta etapa en Santiago con cinco goles, un deles na volta da eliminatoria contra o Espanyol B.

Pola súa banda, Tomás variou a súa posición nestes dous anos, pero non así o seu protagonismo no once de Yago. No seu primeiro ano, alternou a mediapunta con algún minuto en banda ou na punta de ataque, mentres que no segundo atrasou a súa posición ao mediocentro, aínda que tamén xogou un pouco máis adiantado no playoff.

Na primeira tempada xogou 25 partidos, 22 de titular, con sete goles marcados, e na última campaña 36 encontros, 27 deles de inicio, nos que marcou catro dianas e guiou o xogo dos branquiazuis. No playoff saíu de titular en todos os partidos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽💙 Este domingo temos unha cita co fútbol galego.En TEN estamos orgullosos de apoiar ao SD Compostela e de formar parte dos proxectos que contribúen a fortalecer o deporte e a vida social da nosa contorna.📅 Domingo, 7 de xuño🕡 18:30 h📍 Estadio Verónica BoqueteMoita sorte!#SDCompostela #fútbolgalego ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.