Miki Villar: “Chamei a Yago para aceptar a oferta e transmitiume moita confianza”

17 de Xullo de 2018
De esquerda a dereita: Carlos Ferreiro, Miki Villar e Javier Puñal.
De esquerda a dereita: Carlos Ferreiro, Miki Villar e Javier Puñal.
  • O extremo elixiu o Compos porque é un dos equipos máis grandes de Galicia e unha oportunidade moi boa para mostrarse

Santiago de Compostela, a 17 de Xullo de 2018.

Miki Villar Alonso foi presentado esta mañá na Asesoría Planing, empresa que renova o seu compromiso coa entidade, como novo xogador da SD Compostela. O extremo branquiazul, con gran experiencia na categoría, está a desexar demostrar as súas calidades en San Lázaro nun club que considera ideal para mostrarse.

“A historia do Compostela é enorme, é un dos equipos máis grandes de Galicia, un escaparate enorme e máis despois do que fixeron o ano pasado, xa que estarán todos os focos postos en nós”, explicou o futbolista de Nigrán.

Con todo, antes de tomar algunha decisión, o xogador quixo contactar con Yago Iglesias, porque necesitaba saber a idea do técnico. “Para asinar pedín o seu número, chameino para saber o que pensaba de min, se me quería de verdade e transmitiume moita confianza”, asegurou antes os medios.

De feito, citou a circunstancia de que o Boiro xogase dúas semanas antes contra o mesmo rival do Compos como unha das razóns para que o quixesen. “Víronnos durante toda a tempada e coñecíannos á perfección, ademais o fisio era o mesmo que estaba aquí antes e deixoume moi satisfeito”, comentou.

No plano persoal, Miki definiuse como “un extremo moi rápido, que lle vou achegar moita amplitude ao equipo, con moito traballo, tanto ofensivo como defensivo, sacrificio e con versatilidade para xogar en ambas bandas ou mesmo en punta”. Así, destacou que pode axudar ao equipo sendo unha bala para as contras ou para abrir ao rival en xogo posicional.

Neste aspecto, as dimensións de San Lázaro, considerado por el como un campo de Primeira División, é o perfecto para desenvolver o seu xogo. “Tentarei axudar ao equipo e xogar o máximo posible, marcando goles, dando asistencias pero, sobre todo, sendo feliz”, relatou.

Entre os seus compañeiros, malia que só coincidiu con Remeseiro, asegura que son un equipo moi novo, pero con moitísima calidade, factor diferencial que contrarresta o déficit da idade. No seu caso, a pesar dos seus 21 anos, “levo xogando catro tempadas, sei como é a liga, que hai equipos duros e que cando veñan a San Lázaro moitos esperarán a súa oportunidade, polo que temos que saber mover o balón”.

A pesar diso, concluíu coa afirmación de que este ano a liga será case como unha Segunda B. “Están o Racing, o Bergantiños, o Somozas ou o filial do Lugo e se xa era das mellores, agora será seguro das top”, rematou.

No acto, o novo xogador do Compos estivo acompañado por Carlos Ferreiro, xerente da Asesoría Planing, e Javier Puñal, director de marketing do club.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀🎥 Revive a presentación oficial de Manel Menéndez na Brasería A Grella!!!💙 O novo técnico da SD Compostela deu as súas primeiras declaracións nas instalacións do seu patrocinador oficial!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🙌 O Compos segue avanzando na súa dixitalización co novo patrocinio con Cluber App!!!💻 Grazas ao seu software de xestión, melloramos o servizo para a inscrición dos futbolistas, o cobro de cotas ou os trámites administrativos!!!💙 Benvidos ao Compos!!!#PatrocinioCluber ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Grazas Bodegas sampayolo polo voso apoio e compromiso durante esta Tempada!!!🙌 Grazas por formar parte do noso proxecto e por confiar e crecer da man do Compos!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.