Marcos Remeseiro: “Espero que vaia todo ben e o equipo acabe en Segunda B”

19 de Xullo de 2018
De esquerda a dereita: Manuel Torres, Marcos Remeseiro e Ramón Castro.
De esquerda a dereita: Manuel Torres, Marcos Remeseiro e Ramón Castro.
  • O coruñés asegura na súa presentación que prefire xogar por dentro, na media punta ou un pouco máis atrasado

Santiago de Compostela, a 19 de Xullo de 2018.

Marcos Remeseiro xa está en Santiago para demostrar o seu nivel en San Lázaro. O xogador coruñés leva un mes de vacacións e ten mono de fútbol. Quere volver pisar o verde, axudar ao equipo no que poida e tentar quedar o máis arriba posible.

Con todo, mentres non chega o luns, o media punta foi presentado esta mañá como novo xogador branquiazul nas instalacións da Taberna de San Lázaro, nun acto no que estivo acompañado por Manuel Torres, xerente do local, e Ramón Castro, director das relacións institucionais do club.

Na súa primeira toma de contacto cos medios de comunicación, Marcos declarou que tentará poñer o seu gran de area para que a tempada sexa mellor, se pode ser, que a pasada. “Hai que ser conscientes de que será moi difícil repetir o do curso pasado, ademais hai equipos moi bos como o Racing de Ferrol, pero movémonos ben e creo que seremos moi competitivos”, analiza.

Neste sentido, o novo xogador branquiazul considera que o Compos é, por historia, un club moi grande, polo que ten moita ilusión por facer un bo papel e pelexar por quedar o máis arriba posible. “O ano pasado, cando asinei polo Boiro, a intención era facer un equipo para estar arriba, para loitar por ascender, pero ao final xa se viu que as cousas saíron fatal. Espero que este vaia todo ben e oxalá acabe co equipo en Segunda B”, explica.

Precisamente, ao terminar a tempada pasada no mes de maio, Marcos ten moito mono de xogar ao fútbol. “Acabamos en maio, pero xa viñamos de non competir ben polos problemas económicos, polo que teño ganas de empezar a adestrar, xogar e atopar a miña mellor versión”, asegura nunha mañá na que puido conversar co capitán do equipo, Mon Vives.

Ademais do capitán, Marcos coincidirá tamén, por segunda campaña consecutiva, con Miki Villar, “un rapaz espectacular e gran futbolista, que nos vai a dar moito, sobre todo en velocidade, porque é unha bala”.

Pola súa banda, a nivel persoal, espera estar ao mellor nivel e axudar ao equipo no que poida, aproveitando unhas instalacións que conxugan á perfección coas súas características. “É moi importante para o tipo de fútbol que fai o Compos e no que eu mellor me manexo, o de ter o balón e rasear. Nunhas instalacións así é máis fácil, malia que temos moito que adestrar e traballar”, relata.

Por último, no relativo á súa posición no campo, Remeseiro prefire xogar en posicións interiores, a pesar de que tampouco descarta caer a unha banda. “Sempre fun un xogador de estar por dentro, polo que me sinto máis cómodo na media punta ou un pouco máis atrasado, de medio centro”, finaliza.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Centro de Deportes Barco ⚽️ Previa do noso técnico antes do encontro deste domingo, ás 17:00 horas en Calabagueiros, primeiro da segunda volta#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris amplía o seu contrato ata 2027!🤝 O mediocentro terá ficha de primeiro equipo e portará o dorsal '1⃣6⃣'𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2026/01/22/goris-amplia-contrato-compos-2027/#goris2027 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
2️⃣5️⃣0️⃣ partidos e sumandoO noso capitán, Samu Rodríguez, xa superou os 250 partidos disputados coa camiseta branquiazul, repartidos nas últimas 10 tempadasEste pasado domingo quixemos homenaxealo cunha camiseta conmemorativa, entregada polo seu paiParabéns, Samu! Por moitos máis! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Queremos seguir coa boa dinámica!⚽️ 𝐗𝟏𝟖🆚 Centro de Deportes Barco 🗓️ Domingo, 25 de xaneiro🕔 17:00 horas🏟️ Calabagueiros🎫 12€Este domingo, iniciamos a 2ª volta, no Barco de Valdeorras! 🙌#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comezo da semana con dúas xornadas de descanso🏟️ Os nosos volverán ao traballo o mércores para preparar o inicio da 2ª volta coa visita ao Barco#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.