Aythami Perera, un punta corpulento e goleador para o ataque

20 de Xullo de 2018

Aythami-Perera

  • O dianteiro canario chega procedente da canteira da UD Las Palmas e firma por un ano

Santiago de Compostela, a 20 de Xullo de 2018.

Aythami Perera García (05/06/1995) será o dianteiro da SD Compostela para a tempada 18/19. O punta canario, que procede das categorías inferiores da UD Las Palmas, firma por un ano co conxunto branquiazul na súa primeira aventura fóra da illa.

Natural de Telde, Aythami é un dianteiro móbil, que pode desenvolverse tanto na punta do ataque, a súa posición natural, como nalgunha das dúas bandas. Referencia de gran corpulencia física, mide 1’87, e potencia en carreira, caracterízase pola súa verticalidade cara ao arco rival, onde demostra un gran olfacto goleador. Ademais, tamén destaca pola súa calidade co esférico nos pés, o que lle levou a xogar 15 partidos en Segunda B na súa última tempada.

A nova fichaxe do Compos tivo un longo percorrido no fútbol base de Gran Canaria, demostrando nos equipos polos que pasou a calidade que atesoura, malia que non foi ata esta última campaña cando tivo a oportunidade de ter continuidade en Terceira División e Segunda B.

Precisamente, neste último ano, Aythami Perera, con ficha da UD Las Palmas C, de Terceira División, xogou 14 partidos, 12 deles de titular, nos que anotou oito goles. Con todo, o seu bo rendemento deulle a oportunidade de alternar o terceiro equipo co Las Palmas Atlético, da división de bronce do fútbol nacional, no que participou en 15 encontros, seis deles desde o once inicial. Nos 705 minutos que estivo no campo, o atacante conseguiu marcar dúas dianas, competindo no posto con Erik Expósito, compañeiro que xa debutou en Primeira División.

Anteriormente, tras comezar no CD Valdecasas, o dianteiro comezou a destacar na súa etapa na Unión Deportiva Telde, onde permaneceu ata o segundo ano de xuvenís e co que fixo o seu debut en Terceira División. As súas condicións chamaron a atención da Selección Autonómica, coa que disputou a Copa do Atlántico sub18, pero tamén dos principais equipos da comunidade. Así, a UD Las Palmas fichouno no último ano de xuvenís para o seu División de Honra, no que se converteu no segundo máximo goleador da liga.

No seu paso a sénior, Aythami regresou cedido á UD Telde para xogar en Preferente, pero ao verán seguinte fixo o camiño á inversa cara a UD Las Palmas para ser un dos estandartes do equipo C, que tiña por obxectivo regresar á Terceira División. A pesar de non conseguilo no primeiro ano, si o fixo no segundo, sendo Aythami unha das pezas vitais do conxunto con 16 goles en 30 partidos.

Ese gran rendemento volveuno mostrar este ano, tanto en Terceira como en Segunda B, e é o que lle leva a ter a oportunidade de seguir a súa carreira deportiva na SD Compostela.

Coa fichaxe do dianteiro, o club pecha a súa sexta incorporación da tempada, e aumenta a cifra de xogadores ata os 19, a falta de tres días para comezar a pretempada no campo de Conxo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🙌🫂 Esta tarde, entra con tempo ao Estadio para evitar colas e apoia aos nosos desde o primeiro minuto!!!Apertura do Despacho de Billetes e de Portas: 17:15 horasAcceso: Tribuna - 2 e 16 | Preferencia - 9 (dobre apertura)💪🩵🤍 A remontada comeza na bancada!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🤝 TEN - Tratamientos Ecológicos del Noroeste 🩵🤍✅ O transcendental duelo de play off desta tarde no Vero Boquete está patrocinado pola empresa ambiental🙌 No seu compromiso co territorio, apoio o noso proxecto e patrocina aos nosos porteiros🫂 Moitas grazas por estar aí!!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Coa vosa forza, a pola remontada na nosa casa!!!🆚 @Atlético Arteixo 🕡 18:30 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 O Vero Boquete ten que ser un fortín!!🙌 TODOS XUNTOS DESDE O INICIO!!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.