Aythami Perera: “Veño coa ilusión dun neno o Día de Reis”

24 de Xullo de 2018
De esquerda a dereita: Manu Castiñeiras, Aythami Perera, Miguel Calviño e Javier Puñal.
De esquerda a dereita: Manu Castiñeiras, Aythami Perera, Miguel Calviño e Javier Puñal.
  • O dianteiro canario defínese como un xogador de moito esforzo para o equipo

Santiago de Compostela, a 24 de Xullo de 2018.

Recentemente aterrado en Galicia e observando pola xanela que aquí chove no verán, Aythami Perera García, novo dianteiro da SD Compostela, chega ao club coa ilusión dun neno pequeno, con moitas ganas de que comece a rodar o balón e de demostrar, con esforzo, que a aposta que fixeron por el foi a acertada.

Antes de saltar ao terreo de xogo, o punta canario viviu a súa presentación como novo xogador branquiazul no Restaurante San Jaime, que segue mantendo o seu apoio á entidade. Nela, Aythami estivo arroupado por Manu Castiñeiras, director deportivo do club, Miguel Calviño, xerente do local, e Javier Puñal, director de márketing da entidade.

Na súa primeira toma de contacto antes os medios de comunicación, a nova referencia ofensiva do Compos mostrou a súa gran ilusión por asinar co club e o agradecemento á acollida recibida. “Estou moi contento, veño coa ilusión dun neno o Día de Reis, e a verdade é que o recibimento por parte de toda a directiva e a xente que ata agora me viu foi moi caloroso”, asegurou.

Estas impresións confirmáronse á súa chegada á capital de Galicia, pero xa as constatara unha vez se pechou a fichaxe. “Despois de asinar, desde o vicepresidente, adestrador ou preparador físico estiveron en contacto comigo para saber como fora a noticia e o certo é que estou encantado e transmitinlles esa ilusión que teño por empezar”, sinalou.

Para aqueles que non o viron xogar, Aythami Perera definiuse como “un dianteiro de moito esforzo para o equipo, sempre mirando polo traballo colectivo antes que no individual”. Así, agarda “conseguir goles e dar o máximo para poder axudar, xa que malia que non marque, se o equipo gaña, estarei moi feliz e contento, porque, ao final, o obxectivo é grupal”.

Neste aspecto, participando na consecución das metas do equipo, a nova fichaxe santiaguesa desexa “crecer como xogador e dar o mellor de min para que ambos sumemos”.

Para crecer, pensa que pode achegar un grao de experiencia ao grupo, do que xa coñece aos seus compañeiros tras un almorzo de benvida e o primeiro adestramento. “Coa miña idade, teño percorrido en Terceira e Segunda B, creo que podo achegar experiencia e, sobre todo, o saber xestionar eses partidos de máis nivel para conseguir gañalos ou puntuar”, explicou.

Con ganas de comezar e facer grandes cousas, Aythami Perera ansía con xogar e demostrar o nivel que atesoura, peregrinando, xunto aos seus compañeiros, cara a un soño, o ascenso de categoría.

Por outra banda, Javier Puñal, director de márketing do club, quixo agradecer o apoio que lles da o Restaurante San Jaime, unha tempada máis. “É un pracer contar coa súa achega e, sen dúbida, trátase dun exemplo de confianza no proxecto”, afirmou.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, de novo todos xuntos, a pola vitoria🤝 Patrocinado por Limpiezas Salgado ⚽️ 𝐗𝟑𝟏🆚 Atl. Coruña Montañeros 🕕 18:00🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 Unha invitación para cada abonado (só online)#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso canteirán, Goris 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬!! Felices de terte de novo sobre o verde e a por moitos éxitos, xuntos!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Seguimos! Volta ao traballo para preparar un novo partido moi importante👉 Desde xa, a polo seguinte obxectivo!#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos recupera o liderado tras un gran triunfo na Lomba, 0⃣-2⃣, cun Antón Guisande, que firmou un dobrete, estelar🫂 Desprazamento masivo de afeccionados do Compos que non pararon de animar👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/12/compos-recupera-liderado-guisande/📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso adestrador trala gran vitoria na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.