Brais Abelenda: “Volvo á cidade na que dei o meu mellor nivel”

26 de Xullo de 2018
De esquerda a dereita: Óscar Fontán, Brais Abelenda e Ramón Castro.
De esquerda a dereita: Óscar Fontán, Brais Abelenda e Ramón Castro.
  • O dianteiro de Bembibre destaca que achegará moito traballo para tentar mellorar a campaña pasada

Santiago de Compostela, a 26 de Xullo de 2018.

Nun proxecto con xente nova, con gran proxección e da casa chegou á SD Compostela este verán Brais Abelenda Negreira. O dianteiro de Val do Dubra volve á cidade na que triunfou en categoría xuvenil para tentar volver mostrar o seu mellor nivel e axudar ao equipo para realizar unha tempada similar á anterior.

Acompañado por Ramón Castro, director das relacións institucionais do club, e Óscar Fontán, director do Hotel Oca Porta do Camiño, o novo atacante branquiazul foi presentado nas instalacións do parador, patrocinador, un ano máis, da entidade.

Brais chega a Santiago, de novo, e isto tráelle moi bos recordos. “Estiven na miña etapa de fútbol base e é onde dei a miña mellor versión. Despois de 5 anos fóra decidín volver á miña casa, xunto á miña familia, e a un equipo onde coñezo a moitos xogadores”, explicou.

Dentro do plantel, Samu é o seu veciño e mellor amigo da infancia, pero tamén coñece a Casas, co que xogou en categorías base, e a outros como “Mon, Pereira, Anxo, Remeseiro ou Álex Ares, por enfrontarnos en partidos”.

Así, a adaptación nesta primeira semana está a ser sinxela, encaixando á perfección nun gran grupo. “Recibíronme moi ben, son moi xenerosos e estou moi contento de xogar con eles”, aclarou.

Con estes compañeiros, Brais tentará achegar o máximo para “realizar unha tempada similar á anterior, pero mellorándoa co ascenso”.

No persoal, o novo futbolista do Compos definiuse como “un xogador moi traballador, con moita ilusión, que tento dar o mellor e que me adapto á posición que me requira o adestrador, xa que podo xogar en calquera posición do ataque, ou mesmo de lateral”. Con todo, destaca que prefire xogar no extremo esquerdo, para explotar a súa verticalidade e encarar cara a dentro, ou de dianteiro centro.

Estas características estallas tentando mostrar a Yago nunha pretempada na que “a carga está a ser normal porque non poden dar moita caña xa que despois do parón non pode haber lesións”, asegurou.

De momento estanse coñecendo todos e empezando a coller o ton para chegar ao 100 % ao primeiro partido de liga. Aínda así, teñen ganas de que chegue o Triangular do sábado. “Despois de estar parados tes mono de balón. Quedan dous días para debutar e temos moitas ganas de empezar”, finalizou.

Pola súa banda, Óscar Fontán declarou que é “unha honra que o Compos nos volva elixir para presentar a un xogador e máis coa volta de Brais, o que nos fai especial ilusión”, comentou.

Por último, Ramón Castro quixo agradecer o apoio de Porta do Camiño, colaborador que xa leva anos xunto ao equipo da cidade. “É un privilexio contar co hotel na familia de nosa SD Empresarial, sendo a sede de diversos eventos que organizamos ao longo do ano”, concluíu o directivo santiagués.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, @damian_noya!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a pola vitoria na nosa casa🤝 Partido patrocinado por Jessica Fabeiro ⚽️ 𝐗𝟐𝟏🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso 🫁, Diego Uzal 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de adestramentos🏟️ Preparación para o regreso a nosa casa, trala suspensión da xornada pasada#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.