Dobre cita para coñecer o calendario da SD Compostela

29 de Xullo de 2018

Sorteo Calendario Tercera

  • O sorteo da Copa do Rey será ás 12.00 e o de Liga ás 18.00 horas.

Santiago de Compostela, a 29 de Xullo de 2018.

A SD Compostela terá un luns moi atarefado, xa que coñecerá, por unha banda, o calendario de liga do Grupo 1 da Terceira División e, polo outro, o rival da primeira rolda da Copa do Rey.

No primeiro caso, o sorteo puro das 38 xornadas de competición ligueira do Grupo 1 da Terceira División, no que estará no bombo a SD Compostela, levarase a cabo mañá luns ás 18.00 horas na sede de Santiago da Federación Galega de Fútbol.

A liga iniciarase o fin de semana do 25-26 de agosto, a falta de ratificación por parte das asembleas da Real Federación Española de Fútbol e da Real Federación Galega de Fútbol, respectivamente.

Pola súa banda, pola mañá, a partir das 12.00 horas, a SD Compostela coñecerá o rival da primeira rolda da Copa do Rey. O club santiagués entra no bombo do torneo copeiro tras ser o campión do Grupo 1 da Terceira División.

No acto, que terá lugar na sede da Real Federación Española de Fútbol, o equipo santiagués poderá quedar encadrado cos equipos clasificados do Grupo 1 da Segunda División B: Fuenlabrada, Navalcarnero, Internacional de Madrid, Rápido de Bouzas,  Cultural e Deportiva Leonesa, Unionistas e Mensajero.

A primeira rolda disputarase a partido único o mércores 5 de setembro e xogarase no campo no campo do club cuxa bóla fose extraída en primeiro lugar. Dos 41 equipos que entran en liza, cinco deles quedarán exentos desta eliminatoria e pasarán directamente á Segunda, programada para o seguinte mércores 12 de setembro.

Doutra banda, este mércores 1 de agosto a SD Compostela medirase nos dezaseisavos de final da XXX Copa Deputación da Coruña ao vencedor do partido que disputan esta tarde ás 19.00 horas o Bertamiráns FC e o Puebla CF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAL@SDEibar B 1️⃣-0️⃣ COMPOSA pesar das ocasións na segunda metade, os nosos caen en Areitio 1#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOSD Eibar B 0️⃣-0️⃣ COMPOS#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU SD Eibar B 🆚️ COMPOS💪💪💪#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 SD Eibar B#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
📺 TV🏟️ Recorda, o encontro deste mediodía, ás 15:30 horas, no campo Areitio 1 da Cidade Deportiva do Eibar pode seguirse pola plataforma de pago Football Club 📸 Nacho Castaño #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.