Piscu, o central desexado para completar o plantel

1 de Agosto de 2018

Adrián-López-Piscu

  • O central das Pontes, que asina por un ano, ocupa a praza que faltaba por cubrir

Santiago de Compostela, a 1 de Agosto de 2018.

Tras varios días de adestramentos, a SD Compostela conseguiu pechar a contratación da peza que lle faltaba para completar o quebracabezas. Adrián López Rodríguez, máis coñecido como Piscu, convértese en novo xogador branquiazul para a próxima campaña, na que achegará experiencia ao conxunto dirixido por Yago Iglesias.

O central das Pontes, cun amplo percorrido por diferentes ligas de todo o mundo, volve á súa terra para demostrar a súa mellor versión na Terceira División. Aos seus 31 anos, ademais da súa experiencia, achegará ao seu novo equipo unha gran saída de balón, colocación no centro da zaga e un enorme poderío aéreo, tanto na parcela ofensiva como na defensiva.

Piscu chega procedente do Fredericia, conxunto que milita na Primeira División Danesa, segunda categoría do país. No club danés disputou un total de 16 partidos de liga, concentrados no segundo tramo da tempada, e outros cinco de Copa, onde conseguiron chegar ás semifinais. Neste último torneo, o das Pontes marcou dous goles.

Na súa carreira, tras despuntar nas categorías inferiores do Deportivo, o central deu o salto ao primeiro equipo co que disputou unha trintena de encontros en Primeira División, marcando un gol, dez de Copa do Rey, torneo que volverá disputar este ano no Compos, e seis de Copa da UEFA.

Despois de tres tempadas, o defensa decidiu coller as maletas para viaxar a Inglaterra, onde se enrolou nas filas do Wigan de Roberto Martínez. Con este club, debutou en Premier League, xogando once encontros, e axudou a conseguir a maior fazaña histórica da entidade, a consecución da FA Cup, tras vencer na final de Wembley ao Manchester City.

Co descenso do equipo, Piscu volveu viaxar, esta vez a Estados Unidos, onde fichou polo Montreal Impact da MLS. Tras dúas operacións de xeonllo que lle lastraron o seu rendemento, volveu a Europa para comezar unha etapa no fútbol danés. Alí fichou polo Aarhus da Superligaen, co que disputou cinco encontros de liga e tres de Copa, e ao curso seguinte, o pasado, foise ao citado Fredericia, equipo do que procede.

Unha vez asinado o contrato, Adrián López “Piscu” completa o plantel de 20 futbolistas que quería Yago, pechando o centro da zaga santiaguesa, onde pelexará por un posto con Álvaro Casas e David Uña. O central xa leva adestrando varios días, polo que espera que a adaptación aos seus compañeiros sexa rápida e sinxela, nunha tempada na que axudará na peregrinación cara a un soño, o ascenso.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
⚽️ 𝐗𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐬 𝐚𝐛𝐞𝐫𝐭𝐚𝐬 na 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚!!!🙌 Ven probar á SD Compostela ou ao Conxo Santiago neste mes de xuño e desfruta da experiencia da nosa canteira!!!⚽️ Adestramentos gratuítos para tod@s!!! Infórmate!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💙 Queremos felicitar ao noso 🧙‍♂️ de Monterroso, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬, que esta semana foi pai dunha nena!!! 👶🫶 Parabéns, familia!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.