Gran inicio dun proxecto continuísta

26 de Agosto de 2018
Momento do gol de Santi. Foto: Amadeo Rey.
Momento do gol de Santi. Foto: Amadeo Rey.
  • A SD Compostela venceu á Polvorín FC por 2-0 cos goles de Santi e Piscu

Santiago de Compostela, a 26 de Agosto de 2018.

A SD Compostela xa suma de tres nesta nova tempada. No debut en San Lázaro, os nosos sacaron unha clara vitoria por 2-0 ante a Polvorín FC cos tantos de Santi Gegunde, na primeira metade, e Piscu, na segunda.

A afección branquiazul, que viu por primeira vez aos seus no fortín santiagués, puido gozar dun equipo que segue a liña do ano pasado. Algunhas caras novas no once titular, pero unha idea continuísta que segue triunfando en Galicia.

Na primeira metade, o Compos saíu a por todas e creou boas ocasións desde o inicio. Primeiro avisou Brais Abelenda, nada máis arrincar o choque, e o gol acabou chegando no minuto 22. Os nosos armaron unha gran contra de área a área, na que o balón avanzou rapidamente e acabou chegando na área pequena a Santi Gegunde, tras asistencia de Marcos Remeseiro, para que a empuxase ao fondo das mallas.

Pese ao tanto, os santiagues puideron aumentar a vantaxe no último cuarto de hora cunha vaselina de Brais Abelenda que saíu rozando o pau e outro golpeo de Santi desde a frontal que tamén se foi por poucos centímetros.

Na segunda, a tónica seguiu igual e  Cacharron tivo que lucirse para sacar senllos mans a mans de Miki e Brais Abelenda. Con todo, no 75, o meta lucense xa non puido facer nada ante o remate inapelable de Piscu á saída dun córner. De novo, Marcos Remeseiro puxo o centro e o central, entrando desde atrás, cabeceou picado o balón para sentenciar o choque.

Gran triunfo dun Compos que xa convence e que alegrou aos afeccionados que asistiron nesta calorosa tarde a San Lázaro. Foi un gran inicio para un proxecto continuísta.

Ficha técnica:

2- SD Compostela: Lorenzo; Sergio Pereira, David Uña, Piscu, Naveira; Mon, Marcos Remeseiro (Josiño, m.84); Miki (Aythami, m.68), Álex Ares, Brais Abelenda; e Santi (Ube, m.78).

0- Polvorín FC: Cacharrón; Varo, Matías, Óscar Rivas (Quezada, m.58), Pablo Rey; Luis, Marcos (Escobar, m.73); Rayco, Javi Rey, Morais (Juan, m.58); e Cuadrado.

Goles: 1-0: Santi, min.24; 2-0: Piscu, min.75.

Árbitro: González Franco, colexio ferrolano. Amonestó a Piscu, polos locais; e a Matías e Escobar, polos visitantes.

Incidencias: Partido da primeira xornada de liga da Terceira División disputado en San Lázaro ante 750 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.