Triunfo histórico na Palma para pasar de rolda

5 de Setembro de 2018
Momento de loita no partido do Silvestre Carrillo. Foto: Jose Ayut.
Momento de loita no partido do Silvestre Carrillo. Foto: Jose Ayut.
  • A SD Compostela gañou por 0-3 ao CD Mensajero con tantos de Aythami, Camacho en propia porta e Miki

  • Os branquiazuis pasan de rolda dezaoito anos despois

Santiago de Compostela, a 5 de Setembro de 2018.

A SD Compostela segue facendo historia. Dezaoito anos máis tarde, este grupo de xogadores mozos e da casa conseguiron superar a primeira rolda da Copa do Rey despois de vencer ao CD Mensajero, no Silvestre Carrillo, por 0-3. Os branquiazuis deron un golpe de autoridade na Illa da Palma e plántanse na seguinte fase do torneo do KO.

Nun partido no que os nosos tiveron o control do xogo, os tantos chegaron na segunda metade. Aythami meteu o primeiro, o segundo chegou cun tanto en propia porta de Camacho e o terceiro foi obra de Miki nos últimos minutos.

A pesar de xogar lonxe da casa e un campo de herba artificial, o Compos saltou ao Silvestre Carrillo convencido de que o difícil reto que había por diante era moi posible. Así, desde os primeiros compases tentou levar a posesión e achegarse deste xeito á porta defendida por Gárate.

Álex Ares, con dous disparos que se escaparon por encima do traveseiro, e Naveira cun cabezazo que sacou o meta de maneira espectacular avisaron das intencións do cadro da capital galega. O porteiro tamén sacou dúas grandes mans a senllos disparos de Mon e Aythami na parte final do primeiro tempo, evitando que os nosos se adiantasen no marcador.

Mentres, o Mensajero tamén inquietou cun disparo de volea de Yerai desde a frontal e outro potente de Vianney, pero ambos os casos Anxo Pérez despexou o esférico con solvencia.

Tralo paso polos vestiarios, o Compos saíu máis enchufado e proba diso foi que chegou o gol aos dous minutos. Santi recolleu o balón na banda esquerda, púxoa ao punto de penalti e aí apareceu o punta canario Aythami para remachar a pelota ao fondo da rede coa súa perna dereita. O dianteiro, que marcou por segundo partido consecutivo, rematou con todo e Gárate non puido facer nada.

O tanto non inquietou a un conxunto local que o seguiu tentando e tivo a máis clara nun remate de cabeza á saída dun córner que se marchou rozando o pau. Con todo, na seguinte acción, o Compostela ampliou a vantaxe despois de que un centro desde a dereita de Brais Abelenda rebotase en Camacho e se coase na portería. O de Val do Dubra centrou potente e o defensa canario atopouse coa pelota e non puido facer nada para evitar esta xogada de mala fortuna.

A segunda diana da tarde deixaba o marcador máis de cara para o branquiazuis pero aínda faltaba a sentenza. No 87, xa cos cambios sobre o campo, Marcos Remeseiro puña o balón ao espazo para a carreira dun Miki que gañou a partida ao seu par e superou a Gárate grazas a un potente disparo cruzado.

A pesar de que Anxo aínda interveu nun tiro abaixo de David, o electrónico xa non se moveu e os nosos puideron celebrar o histórico pase á segunda rolda da Copa do Rei. Segundo triunfo nunha ‘semana de Champions’ que nos permite seguir soñando. Os nosos seguen carburando, mantendo a portaría a cero, e peregrinando cara á un soño.

FICHA TÉCNICA:

0- CD Mensajero: Gárate; Camacho (Kai, m.79), David Díaz, Orlando, Azael (Dylan, m.68); Jaime, Óscar; Vianney, Yeray, Álex; e Víctor.

3- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Álvaro Casas, Piscu, Naveira; Ube, Mon; Álex Ares (David Uña, m.82), Santi (M. Remeiro, m.80), Brais Abelenda; e Aythami (Miki, m.59).

Goles: 0-1: Aythami, min.47; 0-2: Camacho p.p., min.66; 0-3: Miki, min.87.

Árbitro: Ortiz Arias, colexio madrileño. Amoestou a Azael, Álex, David e Óscar, polos locais; e a Piscu, Mon, Saro e Naveira. Ademais expulsou a Yago Iglesias (m.44) por protestar.

Incidencias: Partido da primeira rolda da Copa do Rey disputado no Estadio Silvestre Carrillo da Palma ante 575 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.