Coa vista posta no partidazo da Malata

11 de Outubro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/5BNqX9a1CfM” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD Compostela buscará regresar á senda do triunfo ante un dos galos da categoría

Santiago de Compostela, a 11 de Outubro de 2018.

A SD Compostela xa só pensa no partidazo que este domingo lle medirá a un dos galos da categoría, o Racing Club de Ferrol, na Malata. O derbi, a partir das 18.00 horas, medirá a dous equipos que buscarán regresar á senda do triunfo para seguir na parte alta da clasificación. Ademais da calidade dos xogadores, o duelo tamén estará ambientado por dúas afeccións que lle darán colorido ao estadio ferrolán.

“Os dous equipos teñen moita historia e chama tamén a atención o escenario. Do mesmo xeito que as dúas últimas semanas, será un duelo doutra categoría, pero hai que xogar contra todos e loitar sempre polos tres puntos”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Tras dúas derrotas seguidas, o técnico branquiazul aposta por darlle normalidade á situación, xa que o equipo expón a semana para ir crecendo na idea de xogo, afianzando as bases. “Despois dos encontros a conclusión que sacamos é que nos faltou acerto de cara ao gol. Temos claro tamén que debemos mellorar nas ocasións que nos xeran, para que non nos consigan marcar, e despois acertar nas que xeramos”, analizou.

O que ten claro o equipo é que os goles chegaron por accións puntuais, porque o labor defensivo foi o mesmo en todos os encontros ata a data, o que demostra que estes dous equipos tiveron moito premio para o que fixeron. “A tempada pasada, cando perdemos con  Vilalbés e Boiro, as sensacións non eran tan boas como agora, así que temos claro que sairemos desta fochanca sen ningún tipo de problema e esa é a liña para seguir”, comentou.

Ademais, a estas alturas do campionato, a palabra presión, segundo Yago, é moi inoportuna. “Hai que manter a calma porque queda moitísimo. O que si é unha oportunidade de reencontrarnos coa vitoria a través do bo xogo que ofrecemos”, destacou o adestrador ribeirense.

En canto ao rival, ambos coñécense ben tras disputar a final da Copa Deputación, un partido no que os adestradores sacaron as cartas. “Chama a atención a calidade que teñen de medio campo para adiante. Pero a maiores teñen un porteiro de Segunda División, centrais de Segunda B, Seoane que é de Primeira ou Segunda…un potencial enorme que che pode facer gol en calquera xogada”, advertiu.

Para lidar contra iso, o éxito do Compos pasa por “pensar no colectivo, no grupo, que todos traballen por e para lograr os tres puntos”. Nese plantel que viaxe a Ferrol, o corpo técnico espera contar con Marcos Remeseiro e Brais Abelenda, despois de que esta tarde xa realizaran o adestramento. “Marcos fíxoo completo e Brais case todo. A partir de como os vexamos o sábado, decidiremos”, sinalou.

Por último, o técnico e os xogadores agardan que a afección se desprace á Malata para sentir o seu apoio neste partidazo. “Polo que vin en redes estarán nun fondo e quizais non sexa o mellor lugar, pero seguro que a nosa xente, como sempre, vaise animar a seguirnos e farase notar, polo que nós tentaremos dar a nosa mellor versión e que os que veñan queden orgullosos”, concluíu.

Despois do estudo e a preparación, só falta ir restando as horas que faltan para que o árbitro pite o inicio do encontro. A SD Compostela, pola súa banda, ten as ideas claras e a vista posta no domingo ás 18.00 horas. Quere saír vencedor, regresando á senda triunfal, deste duelo doutra categoría.

Santi Arosa

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO DERBI CONFIRMADO⚽️ Xornada 10🆚 Arosa SC 🗓️ Domingo, 08/11🕔 17:00 horas🏟️ A Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, todos xuntos na nosa casa para acadar a cuarta vitoria consecutiva 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Garoa SCQ 🆚 CD Basconia🗓️ Domingo, 01/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta: Link na web#composbasconia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de regreso á nosa casa! 💪Os nosos comezan con días de descanso para recuperar enerxías e preparar, a partir do mércores, o encontro deste domingo no Vero Boquete, no que buscaremos a cuarta vitoria consecutiva#composbasconia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICAUn Compos de doce consegue a terceira vitoria consecutiva⚽ Os nosos dominaron os tempos do partido no Pepe Quimarán e levaron os tres puntos con goles de Dani González, Buba e Antón Guisande📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.