Repartición de puntos e de ocasións no derbi

14 de Outubro de 2018
Momento do gol anulado a Josiño na segunda parte. Foto: Amadeo Rey.
Momento do gol anulado a Josiño na segunda parte. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos volveu fallar un penalti e os locais tiveron tres paus

Ferrol, a 14 de Outubro de 2018.

Tras dúas derrotas, o Compos logrou un meritorio empate no derbi disputado no Estadio da Malata. O público viviu un encontro moi igualado entre dous conxuntos que mostraron os seus potenciais, pero a pesar das múltiples ocasións, o marcador inicial non se moveu.

A repartición de ocasións, cun par delas claras para ambos conxuntos en ambas partes, saldouse cun final no que o resultado lentes inicial non se moveu.

O derbi na Malata viviuse desde o inicio como merece un choque destas circunstancias. Dous conxuntos moi intensos, sen concesións, que buscaban na medida do posible a meta rival. Así, na primeira xogada, Marcos Remeseiro avisou cun disparo desde a frontal que despexou Diego Rivas.

Responderon rápido os locais da man do seu home referencia, Joselu. O dianteiro ribeirense mandou primeiro fora un tiro cando encaraba a Lorenzo e despois ao pau, outro man a man co gardameta. Entre medias, Diego Rivas tamén tivo que lucirse nun disparo abaixo de Saro, coa súa perna esquerda, que se coaba pegado á cepa do poste.

Con senllos avisos claros por ambas escuadras, aos que se sumaron nos últimos minutos do primeiro acto un intento de picada de Brais Abelenda, que golpeou nun central, e outro lanzamento sen ángulo de Joselu, que sacou Lorenzo, marcharon ambos ao tempo de lecer.

Á saída dos vestiarios, comezou avisando o Racing cun canonazo de Joselu desde a frontal que sacou a córner Lorenzo, cunha preciosa palomita. E na acción seguinte, os locais colgaron o esférico ao punto de penalti, peiteou Seoane, e o balón foise ao traveseiro.

A reacción do Compos non se fixo agardar e no 60 anotaría un tanto, pero o colexiado, a instancias do seu liña, decretou fóra de xogo. Marcos Remeseiro penetrou entre a defensa, púxoa ao segundo pau e aí apareceu Josiño para empuxala á rede, pero o mediapunta estaba en posición antirregulamentaria.

O mal farío ampliaríase dez minutos máis tarde, cando o Compos se volveu a ver cun penalti a favor. Garrido varreu a Brais Abelenda e o árbitro non dubidou en sinalar o punto fatídico, con todo, por terceira semana consecutiva, a pelota non acabou na rede. Esta vez, Santi Gegunde lanzou ben á escadra, pero Diego Rivas voou de maneira impresionante para sacar o gran disparo do lucense.

Á dobre ocasión, dobre chegada visitante. Primeiro, Lorenzo tapou á perfección no man a man con Armental e o balón marchouse a córner. E despois, cinco máis tarde, córner ao punto de penalti que rematou de cabeza Seoane, de novo, ao traveseiro.

E a última antes do final, tamén foi local. Pau Bosch aproveitou un balón solto na frontal para pegarlle de volea, pero Lorenzo volveu estirarse para despexar a última acción de perigo do Racing.

Con esta última acción, o derbi na Malata chegou ao seu fin, deixando un gran partido entre dúas escuadras moi igualadas, na que a repartición de ocasións levou ao empate final. Ambos conxuntos tiveron as súas, pero o balón non acabou nunca no fondo da rede.

FICHA TÉCNICA:

0- Racing de Ferrol: Diego Rivas; Seoane, Catú, Garrido, Miguel Villarejo; Joel, Pau; Armental, Sanmartín (Juan Antonio, m.63), Carlos García (Sergio Otero, m.79); e Joselu.

0- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Álvaro Casas, David Uña (Piscu, m.18), Naveira; Samu, Marcos Remeseiro (Mon, m.63); Miki, Josiño, Brais Abelenda (Aythami, m.71); e Santi.

Árbitro: Villanueva Carballo, colexio pontevedrés. Amoestou a Catú, Diego Rivas, e Garrido, polos locais; e a Santi e Naveira, polos visitantes.

Incidencias: Partido da oitava xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio da Malata ante 1600 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.