Presentado o III Memorial Antonio Bermúdez

29 de Outubro de 2018
Foto de familia coa fachada da catedral de fondo.
Foto de familia coa fachada da catedral de fondo.
  • O partido xogarase este mércores 31 ás 20.00 horas en San Lázaro contra o Pontevedra CF

Santiago de Compostela, a 29 de outubro de 2018.

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación do III Memorial Antonio Bermúdez, que disputarán este próximo mércores 31 de outubro a partir das 20.00 horas, no Estadio de San Lázaro, a SD Compostela, da Terceira División, e o Pontevedra CF, da Segunda B. No acto, estivo presente o alcalde da cidade, Martiño Noriega; o noso presidente, Antonio Quinteiro; a presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo; e o fillo do xornalista homenaxeado, Toño Bermúdez.

O partido entre estes dous equipos históricos do fútbol nacional terá a entrada de balde para todos os abonados do club santiagués, así como para os menores idades. Pola súa banda, a entrada xeral será de 5€. Antes do inicio do encontro, gardarase un minuto de silencio na memoria de José González Fidalgo, o que fora xerente do Compostela, falecido o pasado venres, e de Antonio Bermúdez, xornalista homenaxeado con esta cita.

En primeiro lugar, o alcalde Martiño Noriega, expresou a satisfacción do Concello por poder participar neste memorial, “co que axustamos contas e lle devolvemos a Antonio Bermúdez un pouco do que el lle deu á cidade”. Nesa mesma liña, lembrou que “esta é unha homenaxe a un home que significou moito para a radio, pero tamén para o mundo do deporte, e que deixou un baleiro hai dous anos coa súa morte e que está resultando difícil de encher”.

Tamén o presidente da SD Compostela, Antonio Quinteiro, lembrou a figura de Antonio Bermúdez como “un home moi importante para o club, non só para a súa comunicación, senón tamén para a toma de decisións, e por iso temos o compromiso moral e emocional de lembralo cada ano”. Ademais, animou a todos os siareiros de ambos clubs a que enchan a bancada de tribuna de San Lázaro, xa que sería un bonito recordo para o homenaxeado.

Pola súa banda, Lupe Murillo, presidenta do Pontevedra, agradeceu a invitación do Compostela e agarda ver un bonito espectáculo cunha especial adicatoria a Antonio Bermúdez, un home que pese a non coñecelo, “polas verbas do presidente Antonio Quinteiro, referíndose a el como unha gran persoa, debemos facer todo o que poidamos pola súa figura”.

Por último, Toño Bermúdez, xornalista da Cadena Ser e fillo do homenaxeado, reiterou o agradecemento por parte da familia a todas as entidades que axudaron a que se celebre esta terceira edición do Memorial e sinalou que “ogallá gañe o mellor neste gran partido”.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Miguel Prado, xerarquía e seguridade para a defensa do Compos ⚽️ O central asturiano, con ampla experiencia na categoría, chega tras tres grandes tempadas no Ourense CF, cun ascenso e dúas campañas en Primeira Federaciónℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/15/miguel-prado-fichaxe-compos-26-27/#benvidomiguelprado ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
Valín non continuará na SD Compostela👉 O club agradécelle o seu traballo e compromiso para conseguir o ascenso á Segunda FederaciónMoita sorte para o futuro!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
▶️⚽️ O Compos 26/27 xa está en marcha👉 Os nosos iniciaron hoxe a pretempada coa nova dirección de Carlos de Lerma🗓️ Comezan oito semanas de preparación para o inicio da competición#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Jordan Sánchez volve á súa casa para cabalgar a banda do Vero Boquete ⚽️ O defensor, tras dez tempadas na Segunda B e Primeira Federación, vivirá a súa segunda etapa no Compos, onde xogou 100 partidos en tres cursos e medioℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/14/jordan-sanchez-regreso-compos-26-27/#benvidojordan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Mario Hermo está de volta na SD Compostela ⚽️ Tras dous cursos no Deportivo, cun título de División de Honra e un ascenso á Primeira Federación, o noso canteirán seguirá medrando no Compos, contribuíndo con esforzo, ambición e calidadeℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/14/mario-hermo-fichaxe-compos-26-27/#benvidomariohermo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.