O Compos saborea un novo triunfo

28 de Outubro de 2018
Álvaro Casas celebrando o seu gol, o segundo da tempada. Foto: Amadeo Rey.
Álvaro Casas celebrando o seu gol, o segundo da tempada. Foto: Amadeo Rey.
  • Os branquiazuis foron moi superiores e venceron con goles de Álvaro Casas e Aythami

Santiago de Compostela, a 28 de outubro de 2018

A SD Compostela, tras un mes, volveu saborear un novo triunfo que lle permite escalar á terceira posición da táboa. Os nosos mostráronse moi superiores ao Porriño Industrial na súa visita ao Campo do Lourambal e acabáronse levando os tres puntos mercé a dous tantos no segundo acto.

Tras innumerables ocasións, a maioría desbaratadas por Fernando, o mellor dos locais, Álvaro Casas anotou o primeiro á saída dun córner e, quince máis tarde, Aythami pechou o resultado cunha preciosa chilena.

Con ganas de reverter a situación, a SD Compostela saltou ao Campo do Lourambal coa mentalidade clara de evitar calquera sorpresa. Quixeron impor o seu xogo desde o asubío inicial e así o fixeron. Colleron a posesión do balón e non a soltaron.

Desta forma, as ocasións comezaron a chegar, malia que sen demasiada claridade debido á gran presenza de defensas locais na área. A máis resaltable, na primeira media hora, un remate de cabeza de Brais Abelenda no primeiro pau que se foi ao lateral da rede.

Este dominio fíxose aínda máis patente a partir do minuto 27, cando o Porriño quedou con dez xogadores pola vermella directa a Benja, despois de que o dianteiro se excedese cunha entrada por detrás a Josiño.

A pesar diso, ata o intermedio o marcador non se moveu debido á gran colocación da defensa local e a un excelente Fernando. O meta sacou o pé para evitar un gol en propia, tras centro atrás de Saro, e voou para sacar da escadra un golpeo de Brais Abelenda nunha xogada combinada. Ademais, tamén tivo a sorte da súa parte cando Marcos Remeseiro, despois dun exquisito control, se marchou del pero mandou o balón arriba.

Á saída dos vestiarios, froito do continuo dominio, o Compos comezou a chegar máis á área e aos dez minutos acabaría por perforar a meta local. Primeiro, Fernando aínda evitou, cunha gran man, o tiro de Josiño desde a frontal e un intento de control de Brais Abelenda na área pequena. Con todo, á saída do enésimo córner, o balón quedou morto na área e Álvaro Casas, virándose, golpeou raso e potente ao fondo da rede. O central anotou o seu segundo tanto do curso cun precioso disparo que entrou pegado á cepa do poste.

O tanto animou máis a un Compos que seguiu merodeando a área local. Tivo o segundo nun remate de Aythami sen porteiro, que sacou un defensa baixo paus, ou nun tiro de Álex Ares desde a frontal e posterior de Aythami no rexeite, nos que se luciu, de novo, Fernando, ata que acabou ampliando diferenzas o propio dianteiro canario.

No 66, Josiño chegou a liña de fondo colgouna ao punto de penalti, controlouna co pé Aythami e, co balón botando, o dianteiro sacouse un recurso da chisteira, unha preciosa chilena coa que superou a Fernando e colocou o segundo no marcador.

Tralo novo tanto chegou a tranquilidade para un equipo branquiazul que, a pesar de todo, puido seguir ampliando a vantaxe. Fernando, o mellor do encontro para os locais, despexou a córner unha volea de Saro que se ía ao fondo da rede ou, cos pés, un intento de cesión de Brais Abelenda no man a man.

Aínda así, o Porriño tivo unha na súa única aproximación de todo o partido. Portas chegou a liña de fondo, púxoa rasa e potente, tocouna Lorenzo e, no rebote, Areal rematou de cabeza arriba. Tamén puido marcar de novo Aythami, a continuación, pero o seu remate cruzado marchouse rozando o pau.

Os últimos minutos consumíronse cunha marcha menos, malia que Samu puido marcar o terceiro nunha vaselina que se marchou por moi pouco. A pesar diso, o marcador xa non se moveu e o Compos, un mes despois, volveu saborear o mel do triunfo.

Esta vez, o bo xogo desenvolvido, si se viu reflectido cun marcador favorable que permite aos nosos escalar ata o terceiro posto na táboa. A mañá fría de domingo en Porriño sentoulle ben a un Compos ao que lle agarda unha semana cunha dobre cita en San Lázaro, o mércores, o Memorial Antonio Bermúdez ante o Pontevedra e o domingo, outro duelo complicado contra o CD Barco.

FICHA TÉCNICA:

0- Porriño Industrial: Fernando; Isma, Alberto, Cristian, Portas; Areal (Caramés, m.85), Edu; Aarón Martínez (Claudio Giráldez, m.71), Carlos Campo (Pedro, m.60), Richi; e Benja.

2- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Álvaro Casas, Piscu, Sergio Pereira; Mon (Samu, m.57), Marcos Remeseiro; Álex Ares (Santi, m.79), Josiño, Brais Abelenda (Miki, m.74); e Aythami.


Goles: 0-1: Álvaro Casas, min.51; 0-2: Aythami, min.66.

Árbitro: Fariña Biasi, colexio pontevedrés. Expulsou a Benja con vermella directa (m.27) por unha falta antideportiva. Ademais, amoestou a Edu, Richi e Alberto, polos locais; e a Mon, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décima xornada de liga do Grupo 1 da Terceira División disputado no Campo do Lourambal ante 650 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | 𝐌𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥 𝐀𝐥𝐨𝐧𝐬𝐨 🗣️ PREVIA de Michel Alonso do derbi do domingo, ás 17.00 en Pasarón, ante o Pontevedra Club de Fútbol SAD!!! 🩵🤍 O técnico destacou a importancia do encontro para seguir indo a máis e valorou o apoio da afección!!!#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🙌 Aquí está o prometido!!! Presentamos os 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐮𝐬 𝐗𝐚𝐜𝐨𝐛𝐞𝐨𝐬 de Nadal!!!📌 3 sedes e dúas modalidades⚽️ Fútbol: Santiago e Arzúa👟 Sala: Santiago (en colaboración co Alto do Vento FS 🤝) 🗓🎅 26-30 decembro👐 INSCRÍBETE!!!✍️ bit.ly/CampusdeNadal#CampusXacobeos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 @roquegd2 💪 #UnNovoCamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌 Roque está de volta!!!🤝 O canteirán regresa ao Compos e firma ata final de campaña!!! 𝐑𝐨𝐪𝐮𝐞 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/2023/11/30/roque-regresa-sd-compostela-fichaxe/ #benvidoroque #roqueédocompos #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 AGOTAMOS as 240 entradas, PERO XA PEDIMOS MÁIS!!! 👐 Se aínda non a tes, MAÑÁ pola MAÑÁ, ata as 15.00 HORAS, poderás MERCA A TÚA ENTRADA na nosa Oficina!!! 🎟#pontevedracomposUn derbi e un auténtico partidazo!!! Un encontro no que iremos a por todas!!! 🩵🤍 🆚 Pontevedra Club de Fútbol SAD 🗓️ 03.12.23⏰ 17.00🏟️ Pasarón🎟️ RECORDA que temos as entradas para a zona visitante á venta na nosa Oficina!!!#PontevedraCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.