O Compostela leva o III Memorial Antonio Bermúdez

31 de Outubro de 2018
O equipo coa copa de campións do Memorial. Foto: Amadeo Rey.
O equipo coa copa de campións do Memorial. Foto: Amadeo Rey.
  • O conxunto santiagués gana por primeira vez o trofeo nunha noite para o recordo

Santiago de Compostela, a 31 de outubro de 2018.

A Sociedade Deportiva Compostela xa ten nas súas vitrinas o Memorial Antonio Bermúdez. O conxunto branquiazul, a pesar de enfrontarse a un Pontevedra de superior categoría, fixo valer a presenza en San Lázaro para superar aos granates por 1-0, mercé a un tanto de Brais Abelenda ao comezo do segundo tempo.

A terceira entrega do Memorial Antonio Bermúdez serviu para lembrar, nun duelo entre dous históricos, a figura do gran xornalista santiagués. A cita en San Lázaro deixou un bonito recordo no que ambos os conxuntos aproveitaron para sacar a xogadores das súas canteiras. O Compostela aproveitou para facer debutar a tres xogadores que levan adestrando desde o inicio do ano: Andrés López e Torrente, do xuvenil A, e a Pedro Leis, da Zona Vella.

Na primeira parte, o duelo contou con escaso protagonismo da parte dianteira ante dous conxuntos ben asentados en defensas. A máis clara para o cadro local foi un golpeo de Marcos Remeseiro que se foi ao traveseiro, despois de que Miki chegase ao man a man e cedésea atrás. Mentres, para o Pontevedra, Javi Pazos tentouno por varias veces, pero en todas atopouse a Anxo Pérez.

Na segunda parte, con todo o once modificado, os locais imprimíronlle unha marcha máis e froito diso chegou o primeiro tanto do partido, xerado tras un roubo de Aythami na frontal da área. O canario encarou ao porteiro e deulle o pase da morte para Brais Abelenda quen, tras sentar a Rubén, fusilou o esférico ao fondo da rede.

Puido caer o segundo antes de finalizar o choque, pero Rubén salvou aos seus. Primeiro, sacou a córner o punterazo de Brais Abelenda; despois, interceptou dous man a man con Aythami e Samu; e no 74, sacou un pé espectacular para evitar o gol de Ube.

A vantaxe mantívose ata o final e os branquiazuis puideron saborear, por primeira vez, a vitoria na súa memorial. Que mellor recordo para Antonio Bermúdez que ver o trofeo do seu memorial na sala de trofeos de San Lázaro, onde sempre estará presente.

FICHA TÉCNICA:

1- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Piscu, Pedro Leis, Naveira; Ube, Marcos Remeseiro; Miki, Josiño, Andrés López; e Santi. Tamén xogaron: Álvaro Casas, Samu, Sergio Pereira, Brais Abelenda, Torrente e Álex Ares.

0- Pontevedra CF: Rubén; Josiño, Juan, David Castro, Nacho Lorenzo; Jesús, Iñaki; Javi López, Antón, Pibe; e Javi Pazos. Tamén xogaron: Carlos, Anxo, Fer Fraga, Tavares, Guille, Pastoriza, Rivera e Pedro Rodrigues.

Goles: 1-0: Brais Abelenda, min.54.

Incidencias: Partido do III Memorial Antonio Bermúdez disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 400 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio na memoria Antonio Bermúdez, xornalista homenaxeado, entregóuselle un ramo de flores á súa familia e os seus netos realizaron o saque de honra. No descanso, tamén se homenaxeou a José Fidalgo, antigo xerente do club, entregándolles unha camiseta asinada por todos os xogadores e o libro da entidade á súa familia.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.