Recuperar a puntería en San Lázaro

31 de Outubro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/P7Yt2J87Cnc” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos quere volver á senda do triunfo no seu fortín, onde non gañou nos tres últimos duelos

Santiago de Compostela, a 2 de Novembro de 2018.

A SD Compostela, unha vez volveu á senda do triunfo o domingo pasado, quere alongar ese bo estado de ánimo cun novo triunfo, unha vitoria contra o CD Barco que lle permita recuperar o trono de San Lázaro, onde leva tres encontros sen coñecer a vitoria. Para iso, terá que superar ao segundo clasificado, conxunto que chega con seis triunfos seguidos e cos catro últimos sen encaixar.

“O duelo de dinámicas invértese esta semana. Volvemos á nosa casa, despois de gañar fóra e de entrar en zona de playoff, mentres que eles non xogaron” recalcou Yago Iglesias en rolda de prensa. Esta situación provoca que o equipo branquiazul, máis aínda despois de levar o Memorial Antonio Bermúdez, estea co ánimo alto. “A semana pasada o bo xogo vimos como se traducía en goles e vitoria, polo que queremos volver sumar de tres no noso campo, xa que este triunfo a medio ou longo prazo pode ser moi importante”, ampliou.

Ademais do bo momento local, o técnico branquiazul comentou que o feito de non xogar o domingo pasado, a un equipo como o CD Barco pode afectarlle, con todo destaca, por enriba de todo, a calidade do equipo. “É un grandísimo conxunto que fixo grandes fichaxes para cubrir as baixas e que a súa serie de 6 de 6 xa di o bo que é”, explicou.

Con estas bases, Yago prevé un encontro pechado, no que agarda trocar a inercia dos últimos cursos. “Defensivamente son moi fortes e teñen xente moi rápida de mediocampo para adiante. Non xera moito, pero ten bastante acerto”, detallou.

Así, o corpo técnico teno claro e quere evitar as experiencias pasadas, nas que sucumbiu no seu feudo ante os vermellos. “É un equipo que sempre que vén pónnolo difícil, a súa dinámica é moi boa, pero a nosa base é a mellor do últimos tres anos e queremos prolongar a nosa xeira de resultados”, asegurou o adestrador.

A clave estará entón no acerto de cara ao arco, mediante unhas xogadas de ataque que o equipo está a preparar durante estas semanas. “É algo no que insistimos moito e seguimos traballando niso. Xeramos moito, pero en situacións de finalización é algo individual do xogador”, concluíu un Yago que só espera ter un acerto do 50% en todas as opcións que xera o seu equipo.

Despois de sumar de novo de tres en liga e xa co Memorial Antonio Bermúdez nas vitrinas, chega o momento de recuperar a senda do triunfo en casa. Os nosos, co apoio do seu público, confía en recuperar a puntería en San Lázaro para sumar un novo triunfo ante o CD Barco e, de paso, asentarse na zona de playoff.

Golpeo Aythami Porriño

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.