O Compos reencóntrase en San Lázaro

4 de Novembro de 2018
Momento do remate de Brais Abelenda nun partido patrocinado por Limpiezas Salgado. Foto: Amadeo Rey.
Momento do remate de Brais Abelenda nun partido patrocinado por Limpiezas Salgado. Foto: Amadeo Rey.
  • Partidazo do conxunto branquiazul e vitoria por 1-0 co tanto de Brais Abelenda

Santiago de Compostela, a 4 de novembro de 2018.

A SD Compostela reencontrouse, nunha tarde chuviosa, co seu fútbol e os tres puntos en San Lázaro. O cadro branquiazul foi moi superior ao seu rival e acabouse levando o triunfo por 1-0 cun tanto no 81. Os nosos ampliaron a súa serie de resultados, de novo con portería a cero, e soben á segunda posición, rompendo ademais coa dinámica contra o CD Barco.

O partido foi de claro dominio branquiazul, con ocasións de múltiples cores para o Compos, malia que o encontro non se rompeu ata o final cando Brais Abelenda remachou, no segundo pau, o centro de Miky, para levar o delirio á bancada.

Saíu o Compos a San Lázaro coa intención de levar algo á boca canto antes. Nun céspede mollado polas choivas do día, o balón corría moito e os espazos ás costas da defensa eran aproveitados polos nosos.

Así, no minuto 1, avisou Aythami cun remate no punto de penalti, tras centro de Saro, que sacou con apuros Azpillaga, xogada similar á que rematou no 12 Brais Abelenda, na que atrapou a meta. E a máis clara, neste gran inicio, chegou ao cuarto de hora, cun man a man de Aythami, despois dunha asistencia de Álex Ares, na que o punta canario non foi capaz de superar ao porteiro co seu intento de picada.

O paso dos minutos e a choiva incesante relentizou o xogo, malia que as aproximacións seguiron sendo cara á portaría visitante, como no centro de Brais Abelenda de exterior, que cortou un defensa, e saíu rozando o pau.

Con todo, a pesar do visto, o partido marchouse ao descanso co marcador inicial. Á saída dos vestiarios, a tónica repetiuse e ao minuto de xogo Azpillaga voou de novo para evitar o primeiro gol local. Álex Ares púxoa ao segundo pau para a cabeza de Aythami, pero o remate de cabeza cruzado do dianteiro despexouno o meta.

O porteiro visitante facíase, co paso dos minutos, cada vez máis grande baixo os paus e apareceu, de novo, para sacar a córner a falta botada ao segundo pau por Mon e que se coaba pola escuadra. E cando non era o meta, o balón marchábase por escasos centímetros, como no remate de cabeza de Brais Abelenda, no 71, tras centro ao segundo pau de Josiño.

Pero tanto foi o cántaro á fonte, que ao final o balón acabou entrando na portería de Azpillaga. No 81, Miky recibiu en banda, avanzou e colgou a pelota á perfección ao segundo pau para que Brais Abelenda, tirándose, rematase, por fin, ao fondo da rede. O dianteiro lanzouse con todo e atopou o premio do gol que tanto merecían os branquiazuis.

O tanto facía xustiza ao mostrado sobre o campo por ambos conxuntos e, malia que restaban dez minutos, Anxo Pérez seguiu inédito baixo os paus. De feito, o máis destacable neste final de encontro foi a expulsión de Toni por dobre amarela, logo de protestar ao colexiado unha acción.

O asubío do árbitro para decretar o final deu un sopro de aire fresco a un Compos que se reencontrou coa vitoria no seu feudo, nun encontro no que volveu mostrar a súa mellor cara e no que, de non ser pola actuación de Azpillaga, o resultado sería moito máis amplo.

Con todo, tres novos puntos para ampliar o refacho a dúas vitorias consecutivas, ambas coa portaría a cero, e cos que o equipo se afianza en zona de playoff, subindo ao segundo posto en detrimento do CD Barco. Para a semana, tocará seguir remando na visita a Barraña contra o CD Boiro.

FICHA TÉCNICA:

1- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Álvaro Casas, Piscu, Sergio Pereira; Mon (Ube, m.75), Marcos Remeseiro; Álex Ares, Josiño (Santi, m.75), Brais Abelenda; e Aythami (Miky, m.57).

0- CD Barco: Azpillaga; Sito, Andrés, Omar Navarro, Toni; Pablo Rubio, Tabala; Ivi Vales, David Álvarez, Iker Revolta (Santi Real, m.22); e Juanito Bazo.

Goles: 1-0: Brais Abelenda, min.81.

Árbitro: Lois Carro, colexio pontevedrés. Expulsou a Toni (m.89) por dobre amarela. Ademais, amoestou a Álvaro Casas e Sergio Pereira, polos locais; e a Andrés, polos visitantes.

Incidencias: Partido da undécima xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 1.200 espectadores. Antes do inicio gardouse un minuto de silencio en memoria de José Fidalgo, antigo xerente do club, e Machicha, ex xogador do Compos na década dos 60.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.