Arrinca a historia do Vero Boquete de San Lázaro

16 de Novembro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/VDVOqFrrYZE” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD Compostela quere regresar á senda do triunfo e aumentar as semanas imbatido

Santiago de Compostela, a 16 de Novembro de 2018.

A historia do Vero Boquete de San Lázaro arrincará este domingo ás 17.00 horas cun duelo entre a SD Compostela e o CD Choco. Os branquiazuis, que encadean cinco semanas sen coñecer a derrota, queren regresar á senda do triunfo ante o seu público, iniciando da mellor forma posible a nova denominación do fortín santiagués.

Para iso, os santiagueses terán que superar a un conxunto redondelano que só sumou un punto lonxe do seu feudo, pero que puntuou nas dúas últimas visitas a San Lázaro. “Malia que é certo que o ano pasado o encontro foi na última xornada, o dato está aí, polo que, unha vez máis, agardamos que este ano os tres puntos queden aquí e dicir que lle puidemos gañar ao Choco”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

A isto hai que sumarlle a dinámica das últimas xornadas, nas que leva sete puntos de nove posibles, con dous triunfos na casa e un empate fóra contra o Silva. Nestes partidos, o equipo que dirixe Gonzalo Fernández demostrou o nivel dun plantel no que seguen moitos xogadores.

“A pesar de cambiar de adestrador, o groso dos xogadores continua. Empezando por Cortegoso na portería; Caloi e Gabi Misa, no medio, dous xogadores con experiencia na categoría ou superiores e que fan xogar ao equipo; e Comis, Félix ou Gabri arriba, futbolistas verticais que fan moito dano”, analizou o técnico ribeirense.

Mentres tanto, no que respecto ao Compos, tamén quere volver á senda do triunfo para mellorar, a estas alturas, a puntuación do curso pasado. “Se gañamos, teriamos un punto máis na xornada 13, o que marca que imos polo bo camiño”, comentou.

Nesta comparativa, o adestrador branquiazul fixo fincapé nos goles. “Os números din que non anotamos tanto, pero encaixamos moito menos. Por tanto, sacamos máis rédito aos goles colleitados”, reflectiu.

Para seguir con esa gran peregrinación, o corpo técnico poderá aliñar xa a David Uña, recuperado ao 100%, aumentando a competencia nunha defensa que Yago considera dunha enorme calidade. “Tanto o nivel dos tres laterais como o dos centrais é altísimo. Ademais, na nosa forma de xogar, os primeiros teñen unha importancia moi grande para ter posesións longas e someter ao rival”, concluíu.

A falta dun adestramento, os adestradores terán que decidir quen será da partida nesta cita para a historia, a estrea do Vero Boquete de San Lázaro. Arrinca o crono dun fortín con ganas de vivir moitas tardes de gloria, a primeira, este domingo.

REY_5729

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Dende o club queremos agradecer o apoio que tiñamos hoxe en Cambados, cun gran número de afeccionados presentes no campo, e lamentamos profundamentamente que non se puidese xogar o encontro Grazas por estar sempre aí! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
❌️ Adiado o partido en Burgáns polo estado do terreo de xogo debido ás inclemencias meteorolóxicas📸 Nacho Castaño #cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️📋 ONCE 🆚 Club Juventud Cambados 🩵🤍 Os nosos para o partido desta tarde#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 A recuperar a boa senda na Liga!🆚 Club Juventud Cambados 🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns🎫 12€#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA 🆚 Club Juventud Cambados 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá en Burgáns ás 17:00 horas#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.