Unha visita moi especial ao Espiñedo

23 de Novembro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/hRHvvKOfKVg” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos regresa ao campo onde conseguiu a liga para medirse a un Arenteiro que estrea adestrador

Santiago de Compostela, a 23 de Novembro de 2018.

O pasado 6 de maio, no Espiñedo, a SD Compostela gozaba dunha das tardes máis felices da historia máis recente do club. O equipo branquiazul conseguía o título de liga, cunha xornada de adianto, tras superar ao CD Arenteiro por 0-1. Este domingo, algo máis de medio ano despois, os santiagueses regresan a un dos campos máis especiais do campionato para, noutras circunstancias, tentar repetir o triunfo do curso pasado.

Instalados en zona de playoff, con seis semanas sen coñecer a derrota, o Compos quere seguir ampliando a súa dinámica actual, malia que para iso terá que superar a un conxunto local que estrea técnico, o santiagués Rogelio Gómez ‘Gelucho’.

“É unha semana atípica, porque temos información do adestrador anterior, co que mantiñan a liña continuísta de cursos pasados. É certo que tamén coñecemos ao adestrador novo, sabemos a súa idea de ver o fútbol, con equipos moi competitivos, pero en só dous días seralle complicado preparalas”, explicou Yago Iglesias na rolda de prensa, quen coincidiu con Gelucho nas categorías inferiores do Santiago.

Este motivo preocupa a un adestrador branquiazul que agarda a un Compos adaptable, que manexe varios rexistros. “Ao non saber o que exporá o rival, debemos moldearnos ao que propoña e, no que especialmente insistimos esta semana, foi o terreo de xogo, xa que se na primavera non estaba en bo estado, nesta datas estará peor”, analizou.

Outro aspecto para ter en conta será a calor do público que encherá a bancada, unha afección moi fiel á que Yago agradece o trato recibido durante a pasada campaña e que dará moitos ánimos aos seus. “Como sempre, cando vai o Compostela e máis despois de gañar a liga alí, será unha motivación extra para eles, ao que haberá que sumar a fame duns xogadores que quererán demostrarlle ao técnico que poden ser titulares”, remarca.

A maiores, hai que sumar a calidade dun plantel local que se reforzou “con non bos, senón grandes fichaxes” este verán. “Trouxeron xogadores con moita experiencia na categoría e superiores, polo que forman un plantel que pode facer dano en distintas situacións, xente rápida arriba, forte a balón parado e que nolo poñerá moi difícil”, valora o adestrador ribeirense.

Con todo, o corpo técnico confía no seu equipo, nun encontro no que non estarán nin Marcos Remeseiro nin Josiño e que, por iso, se aveciñan cambios. “Somos fieis crentes de rotar, en que todo o mundo teña minutos e demostre, xa que ese é a clave do éxito a medio-longo prazo”, advertiu.

Os dezaseis que viaxen, nesta saída especial para moitos deles, buscará unha nova vitoria para manter a posición privilexiada na táboa. “É un tempada e xornada distinta e, seguramente, teñamos que facer cousas diferentes para levarnos os tres puntos”, concluíu Yago.

A clave o domingo pasará por adaptarse ao Arenteiro e ao campo do Espiñedo, nunha saída na que o equipo espera contar cun gran apoio na bancada, debido ao motivo especial que a rodea. Enfrontándose ao que veña por diante, o Compos espera volver o domingo igual que a tempada pasada, cos tres puntos debaixo do brazo para ampliar a dinámica das últimas semanas.

REY_5831

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 | Míchel 🩵🤍🙌 OS NOSOS para o encontro de mañá no Estadio Vero Boquete, ás 12.00 horas, contra o @realoviedo Vetusta!💪 Míchel chama a varios reforzos da @canteirapicheleira #ComposVetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario, Samu Araujo!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Samu!!! 💪 Oxalá poder celebralo mañá cunha nova vitoria na nosa casa!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | 𝐌𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥 𝐀𝐥𝐨𝐧𝐬𝐨 🗣️ PREVIA do encontro deste domingo, ás 12.00 horas no Vero Boquete, ante o Real Oviedo Vetusta!!!🩵🤍 Hoxe acompañounos na rolda de prensa Fernando Leis, de O Pan de Leis, patrocinador do encontro!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄𝐃𝐈𝐂𝐎𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬 🩵🤍👨‍⚕️ As probas realizadas a Pablo Antas polos servizos médicos confirmaron unha microrotura no músculo semitendinoso da súa coxa dereitaEstará de baixa dúas semanas!Moito ánimo, Pablo 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.