Empate a cero nun Espiñedo impracticable

25 de Novembro de 2018
Samu, na mellor acción da segunda metade. Foto: Amadeo Rey.
Samu, na mellor acción da segunda metade. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos non foi capaz de superar a Rui nun campo moi levantado pola choiva

Santiago de Compostela, a 25 de Novembro de 2018.

A SD Compostela sumou un novo punto no Espiñedo. O terreo de xogo tan levantado complicou o xogo dun Compos que non foi capaz de materializar as súas ocasións. Ao final, repartición de puntos para seguir na zona de playoff e sumar unha nova xornada sen perder.

A familia branquiazul regresou ao Espiñedo coa idea de repetir a experiencia do ano pasado. O carácter emotivo que rodeaba este partido provocou que a afección santiaguesa se desprazase en masa ata O Carballiño. Esta vez, nunha tarde invernal, o terreo de xogo non lucía a mellor cara, contrastando así coa imaxe que se vía na bancada, chea cos máis de oitocentos seguidores de ambos clubs.

Este céspede tan levantado complicaba o estilo dun Compos que, aos poucos, foise apropiando do partido. Cada vez que o balón raseaba, os nosos chegaban a campo contrario, malia que para iso debía superar a maraña de pernas do cadro local.

Aythami, moi activo durante os primeiros 45 minutos, probou primeiro sorte desde o centro do campo, pero o bote do balón complicoulle o chut e foille ás mans de Rui. Esta mesma circunstancia provocou que, uns minutos máis tarde, non puidese completar un contraataque no que quedaba no man a man.

Se tivo esa fortuna Brais Abelenda, entrando en velocidade desde a banda izqueirda, pero nesta ocasión o porteiro portugués sacou unha gran man abaixo, acción que completou a defensa para evitar a mellor ocasión desta primeira parte.

Á volta dos vestiarios, Brais Abelenda vería como, de novo, o bote do esférico impedíalle chegar ante Rui, cando recibira en velocidade ao espazo. Do mesmo xeito, na área contraria, a Rober escapóuselle o control nun centro desde a banda que acabou nas mans de Anxo.

Despois duns momentos de impas, o Compos volveu á acometida aos vinte minutos, con dous contraataques nos que chegou con claridade. Primeiro, conduciu polo centro Brais Abelenda e abriuna para un Samu que, lanzándose polo chan, enviou o esférico por encima do traveseiro. Un máis tarde, nunha falta lanzada con rapidez, Brais volveu recibir ao espazo, regateou ao meta pero o seu disparo, algo escorado, sacouno Portela baixo a liña.

Con todo, non aproveitou os seus mellores minutos o Compos e, co paso dos minutos, cun campo cada vez máis pesado, xa non puido desequilibrar a balanza. Con balóns colgados tentárono ambos contendentes, a máis clara tívoa Álex Ares cunha volea desde a frontal que marchou rozando o pau. Ademáis, no desconto, o árbitro sacoulle a vermella directa a Pol, por unha entrada desmedida sobre Ube no desconto.

Por tanto, sen fortuna nas áreas, o partido pechouse co resultado inicial de cero a cero. Un novo punto, nun campo que hoxe estaba impracticable, para seguir sumando semanas sen perder e manterse na zona de playoff. Agora, toca pensar no regreso ao Vero Boquete de San Lázaro, onde nos espera o Laracha.

FICHA TÉCNICA:

0- CD Arenteiro: Rui; Pol, Maxi, Portela, Ross, Fajardo; Cassio, Adil (Albertito, m.54), Hugo Sanmartín; Rober (Carlos de Deus, m.61) e Mitogo (Bardelás, m.89).

0- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Piscu, David Uña, Naveira; Álvaro Casas, Samu; Álex Ares (Santi, m.89), Mon (Ube, m.80), Brais Abelenda; e Aythami (Miky, m.73).

Árbitro: García Gómez, colexio coruñés. Expulsou a Pol (m.92) por vermella directa. Ademais, amoestou a Adil, Fajardo e Rui, polos locais; e a Saro, David Uña e Mon, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décimo cuarta xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Campo Municipal Ou Espiñedo ante 850 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0
  • COMPOSTELA- 1 CORUXO- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 AGOTAMOS as 240 entradas, PERO XA PEDIMOS MÁIS!!! 👐 Se aínda non a tes, MAÑÁ pola MAÑÁ, ata as 15.00 HORAS, poderás MERCA A TÚA ENTRADA na nosa Oficina!!! 🎟#pontevedracomposUn derbi e un auténtico partidazo!!! Un encontro no que iremos a por todas!!! 🩵🤍 🆚 Pontevedra Club de Fútbol SAD 🗓️ 03.12.23⏰ 17.00🏟️ Pasarón🎟️ RECORDA que temos as entradas para a zona visitante á venta na nosa Oficina!!!#PontevedraCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
Horario confirmado para o encontro de despedida do ano na nosa casa!!! 🩵🤍⚽️ X15🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 10.12.23⏰ 12.00🏟️ Estadio Verónica Boquete🥖 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 O Pan de Leis!🎟️ app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/6566fd34cb3f3943395285#composvetusta #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Un derbi e un auténtico partidazo!!! Un encontro no que iremos a por todas!!! 🩵🤍 🆚 Pontevedra Club de Fútbol SAD 🗓️ 03.12.23⏰ 17.00🏟️ Pasarón🎟️ RECORDA que temos as entradas para a zona visitante á venta na nosa Oficina!!!#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
SD Compostela's cover photo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎👋 Bos días!⚽️ Comezamos xa a semana de traballo para preparar o derbi contra o Pontevedra Club de Fútbol SAD!!! ⚒️ Cinco sesións de adestramento para encarar un auténtico partidazo!!!#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.