O filial logra un gran triunfo ante o Montaos

27 de Novembro de 2018

Resultados-26-Novembro

  • Vitoria do Cadete para seguir líder e empate do Xuvenil A, segundo clasificado

Santiago de Compostela, a 26 de Novembro de 2018.

A fin de semana invernal deixounos grandes sensacións no filial branquiazul. O Zona Vella superou ao Montaos por 0-2 e xa marcha terceiro na táboa. Ademais, o Xuvenil A logrou un empate co que se mantén segundo, mentres que o Cadete A resiste no liderado tras vencer ao Dubra. Tamén regresaron á senda triunfal o Xuvenil B, o Alevín B e o Prebenxamín B e houbo dous empates máis.

En primeiro lugar, o Zona Vella colleitou unha gran vitoria por 0-2 ante a Santa Cruz de Montaos, un duro rival ante o que demostraron experiencia. Os branquiazuis mostraron, de novo, unha gran cara en defensa e aproveitaron, no segundo acto, o acerto en área rival. Jorge Castiñeiras puxo en vantaxe aos nosos no 77 e Óscar Juanes sentenciou no desconto. Con este resultado, o filial sobe ao terceiro posto, mellor posición que alcanzan ata o momento, e está a tan só dous do coliderado.

Puido tamén recortar diferenzas co líder un Xuvenil A que, con todo, non puido pasar do empate na casa ante o CD Boiro. Os branquiazuis adiantáronse mediada a segunda metade cun tanto de David Noya pero, nun campo de Cancelas anegado, os visitantes igualaron nos últimos minutos. Con todo, seguen sumando semanas sen perder e manteñen o segundo posto, a tres do EF Lalín.

Pola súa banda, o Xuvenil B regresou á senda triunfal despois de superar por 1-3 ás Escolas Deportivas de Vedra. Tras o empate logrado a fin de semana pasada, os canteiráns conquistaron tres importantes puntos de visitante cunha gran remontada. Os locais adiantáronse no 21 pero, grazas aos goles de Christian Fernández, Juan Amigo e Raúl García, o Compos levou o triunfo final. Por contra, o Xuvenil C volveu caer, esta vez ante o EF Lalín.

Mantén a súa posición privilexiada o Cadete A, líder en solitario do Grupo 5 da Primeira Autonómica. Un único tanto de Iker Carril, como fai quince días, decidiu o duelo entre os branquiazuis e a SD Dubra. Os nosos seguen así invictos, con 37 puntos en trece xornadas. Á súa vez, o segundo equipo descansou esta fin de semana.

En infantís, o A perdeu na casa contra o EFM Boiro, terceiro clasificado por 0-2, malia que mostrou unha gran imaxe ante un moi bo equipo, mentres que o B caeu por 5-0 na súa visita ao Cire Melide, malia que mantén a terceira praza.

En fútbol 8, os equipos alevíns tiveron sorte dispar. O A caeu ante o Conxo por 0-4 e o B venceu 6-0 ao Victoria FC. Igualmente, en benxamíns, o A non conseguiu sumar contra o Villestro, mentres que o B logrou un empate contra o Victoria FC.

En prebenxamíns, o A descansou, pero o B, este luns, triunfou ante as ED Santiago, logrando a súa segunda vitoria en liga. Por último, en biberóns, o A perdeu contra o Victoria e o B empatou ante o Calo e perdeu contra o Fátima, nun partido aprazado das primeiras xornadas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.