Dobrete dos cadetes e vitoria do Infantil A de visitantes

4 de Decembro de 2018

Resultados-3-Decembro

  • O Xuvenil A empatou, do mesmo xeito que os outros dous xuvenís, pero achegouse a dous puntos do líder

Santiago de Compostela, a 3 de Decembro de 2018.

O dobrete de cadetes e infantís foi o máis destacado da xornada entre as categorías inferiores do club. Os dous primeiros e o Infantil A triunfaron de visitantes con idéntico resultado: 0-2. Tamén gañou de visitante o Benxamín A, mentres que a outra vitoria foi do Infantil B na casa. Por último, os tres xuvenís empataron os seus encontros, destacando o do A, xa que se achegou a dous puntos do líder.

En primeiro lugar, o Zona Vella non foi capaz de manter a súa boa dinámica e perdeu por 1-4 ante o CD Estradense. O filial prometíaas moi felices co gol inicial de falta de Manu Pardo pero, nun encontro moi aberto, os visitantes déronlle a volta na primeira e sentenciaron ao final do choque á contra. Con esta derrota, a sexta da tempada, baixan ao sexto posto, malia que seguen enganchados ao pelotón de cabeza.

Tampouco conseguiu vencer un Xuvenil A que, a pesar de acumular dous empates consecutivos, está un punto máis preto do líder, o EF Lalín. Loureiro adiantou aos nosos na primeira metade contra a SD Residencia, pero os lucenses igualaron o duelo á hora de xogo. Este punto final serviu para recortar a dous a diferenza co primeiro clasificado, á vez que manteñen idéntica vantaxe respecto ao terceiro e cuarto.

O empate foi sen dúbida a tónica da fin de semana nos xuvenís, xa que os outros dous equipos tamén igualaron nos seus duelos. O Xuvenil B segue acumulando semanas sen perder despois de empatar 1-1 contra o CD Unión, nun choque no que Christian Fernández anotou o tanto local nos últimos minutos. Pola súa banda, o Xuvenil C volveu sumar tralo 2-2 contra a SD Touro. Rober Armando Victoriano e Alejandro Márquez selaron unha cómoda vantaxe para os branquiazuis, pero os visitantes conseguiron igualar as diferenzas no tempo de desconto.

O primeiro dobrete da xornada chegou cos cadetes, quen venceron 0-2 nas súas respectivas saídas da matinal do domingo. O Cadete A, que segue líder, venceu na súa visita ao EF Lalín con dous tantos no primeiro acto de Manuel Crespo e Jaime Álvarez. Mentres tanto, o Cadete B volveu á senda triunfal ao superar ao Milladoiro con goles de Iago Fernández e Adrián Álvarez.

E o segundo dobrete protagonizárono os infantís, un de visitante e o outro de local. O Infantil A certificou as súas boas sensacións das últimas semanas cun triunfo por 0-2 ante o Cordeiro CF, equipo que estaba asentado na metade da táboa. Xiao Pereiro e Iván Vilaseco, ambos na segunda metade, orixinaron o triunfo branquiazul. Á súa vez, o Infantil B subiu á segunda posición tras gañar por 5-3 ao EF Boqueixón. Rubio Yang, Hugo Sabel (2), Tomás Munge e Mateo Barros foron os goleadores para os nosos.

En fútbol 8, os alevíns tiveron dous partidos moi igualados nos que o A perdeu por 2-1 contra o Escola Estrada, mentres que o B empatou 1-1 contra o AD Manuel Peleteiro. Baixando de categoría, o Benxamín A colleitou un triunfo contra o Atlético Fátima, ao que supera na clasificación, e que confronta coa derrota do B contra o Bertamiráns.

Este mesmo equipo saíu vencedor dos encontros contra o Prebenxamín A e o Biberón de fútbol sala. Por último, o Prebenxamín B caeu ante as ED de Vedra pola mínima.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 SODES A NOSA FORZA!!!🏟 Esgotadas as entradas de Tribuna!!!🎫 A partir de agora, só á venta Preferencia!!!📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/👉 Xeral 15€ | Menores de Idade 2€💪 TODOS XUNTOS, A COMEZAR A FINALÍSIMA DA MELLOR MANEIRA#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de adestramentos completada e estamos preparados para a gran cita de mañá🏟 Todo listo para comezar a final na nosa casa da mellor maneira💪🫂 Co voso apoio desde a bancada, imos a polo mellor resultado posible📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
📢📸️SORTEO RETRO👉 Co lanzamento da reedición oficial da nosa camiseta emblemática con Zico, sorteamos 1⃣ entre os que mañá veñades ao campo cunha camiseta antiga do Compos 🩵🤍𝐏𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐫:✅ Trae ao campo a túa camiseta retro do Compos✅ Saca unha foto con ela na bancada e súbea á túa historia de Instagram✅ Menciona a @sdcompostela_oficial 👉 Sortearemos a camiseta entre todos os que subades foto cunha camiseta retro do Compos🗓️ Anunciaremos ao/á gañador/a nas nosas Stories o martes, 16 de xuño* Se tes o perfil privado, envía unha captura a nosa conta co Stories publicado#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 CF Badalona 🩵🤍 Os nosos para o partidazo de mañá na ida da finalísima do play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo #composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso técnico analizou a previa do encontro de ida da finalísima do play off, que se xogará mañá na nosa casa👉 Coa forza de todos, buscaremos o mellor resultado posible para a rolda definitiva#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.